23 noviembre, 2015

Data de caducidade


“Sé que no hay camino de regreso/ que el desamor está en los huesos/ pero hay maneras de vencer. / Sé que aunque haya cosas que terminan/ crece otra piel sobre la herida / y todo puede suceder.”

 ***

O amor ten mil caras, mil maneiras distintas de revolvernos a vida. Pero ás veces tamén é preciso deixarse arrastrar, e apostar forte. Co risco de perder. De perder unha vez máis.

Estou nesas. Na última encrucillada do ano, no último abismo, na última aventura. E por iso estou tranquila. Porque pase o que pase, será o último accidente mortal deste ano 2015 que está a piques de rematar. E logo pecharei a porta á súa mirada e non haberá máis posibilidades. Non estará cada mañá moi cerca, nin poderá asomar a cabeza polo meu despacho para falar uns minutos e dicirme que logo podemos ir a tomar algo. Nin morrerei derretida no ben que lle queda o azul…

O Nadal vai ser neste caso un punto final, sen prórrogas, sen segundas oportunidades. Porque sen fichaxe ás oito el xa non terá cabida no meu mundo .

Sei que a vida non remata na oficina, pero quizais a miña historia con el sí debe rematar entre as catro paredes do traballo, e morrer ahí, na despedida ás portas da noiteboa, cunha mensaxe que presinto, ao dar ás doce na noite de fin de ano.

E despedirei o ano pensando nel. Por última e derradeira vez. Porque os amores non correspondidos tamen teñen data de caducidade.

 

30 octubre, 2015

Os bicos todos do meu mundo son sin ti


Non existen bares suficientes para que me afogue neles. Nin chuvia que me cause máis tristeza ca que me provocan os teus ollos que non me miran a min. Hoxe non. O gris é máis gris e non atopo a maneira de debuxar un futuro no que non estés ti. Eu contigo parecía un soño bonito para comezar o inverno. E agora, coa rotundidade das verdades que doen  sei que non vai ser. Nin eu contigo nin café nin conversa nin cigarro nin sorriso. E con todas as túas portas pechadas, fóra cae a chuvia con saña para acompañar o meu lamento. E eu debo aprender a convivir coas miñas feridas, deixar que se tornen cicatriz. E comprender dunha vez que o futuro é sin ti. Que o presente é sin ti. Que os bicos todos do meu mundo son sin ti.

16 octubre, 2015

venres-túnel


Instalada sin querer nun venres-túnel que me está quitando o aire por momentos. Quixen sobrevivir como si nada e mesmo diría que o intentei coa vontade toda da que fun capaz. Pero eu non mando tanto como quixese. E sempre hai un abismo diante que me está tentando, que se me presenta coma un reto no suceder dos días. Especialmente nos días grises de neboeiro, coma o de hoxe.

Esquecín as túas verbas amables, que tiñan que ser tirita para a mesma ferida que ti me abriches no peito. Non sei si algún día tiven esas verbas entre os dedos ou si tan só soñei con que existiron, para curarme un pouco. Non sei nada de ti. Só que hoxe non encontro os teus ollos en ningunha esquina. E a mañá estase así transformando nunha búsqueda incesante da túa esencia, sexa en voz, en ollada, en papel escrito de traballo sobre a mesa. E sei que non hai remedio. Ao menos non hoxe. Porque eu quero. E busco. E síntome incapaz porque só me retumba na memoria o teu non  a destempo, descortés. Un non que te deixa en coiro frente ao home que escolliches para ilusionarte cada día e sacar forzas para saír ao mundo no medio do inverno que se aproxima. Un non que te humilla porque é moito máis que estar sin roupa. É ter xa a alma espida, e sangrando sobre as horas de rechazo sin esperanza. Un non que non ten o mesmo sabor que outros non. Cada non doe ao seu xeito. E este dóeme máis porque é o último. Non teño máis pasado cos  teus bicos. Nin máis futuro co día de mañán, cando o despertador ou mesmo o móbil, me boten da cama de maneira rutinaria, por obriga que non por gusto, e me devolvan á realiade da túa ausencia. Ti colgarás un video de whatsapp que pretende ser divertido, e eu botarei bágoas secas de impotencia, cos ollos ainda cheos de legañas. E así comeza o día. Sin outra certeza máis que a de que todo pode empeorar.

14 octubre, 2015

Dime que no.


Dime que existen las palabras para algo más que complicarme la vida. Que lo blanco es blanco y que no hay segundas oportunidades. Porque si me dices otra cosa, terminaré por no saber qué pintas aquí, con tu sonrisa perfilada y tus ojos diciéndome que me quede. Dime que no. Que los accidentes pasan todos los días y la gente va al hospital y continúa con su vida. Si consiguió sobrevivir, claro.

Pero no me digas tal vez y pretendas que sea yo la que escriba la historia. Ahora que me dejaste sin argumento. No me digas que recorto los fragmentos que me interesan para que parezcas peor de lo que eres. Porque si de algo estoy segura es de que yo quiero imaginarte siempre como en el segundo exacto en el que cambió todo. En ese segundo apenas, tenías todo lo bueno de este mundo y a mi me bastaba para  ser feliz.

Dime que mañana estaré mejor. Que tampoco es para tanto. Que  no quieres ser una columna en mi espacio laboral. Dime que sí. O que no. Pero no me digas que depende. Que no sabes. Que no piensas. Que mañana. Que puede, que quizás...

08 septiembre, 2015

VINTE ANOS NON SON NADA


Hai cousas que non cambian por máis voltas que dé a vida. E en parte, tal inmobilidade reconfórtame. Porque hai moita ternura nos bicos antigos, que non defraudan nunca. E hai cervezas de madrugada nun bar que encerran máis verdade que moitas das relacións estables deste mundo.

Porque vinte anos, como di a canción, non son nada, pero sí son tempo dabondo para saber que hai lazos que xa non se van romper, e miradas que din máis que as palabras. E nesa seguridade absoluta que da o ter plena confianza nalguén descubres que o amor…, que o amor está moi sobrevalorado ás veces, e que quizais conta máis a entrega, a constancia, o paso do tempo suave e calmo sobre dúas vidas que se encontran e desencontran e que non paran de enredarse. Durante vinte anos.

09 agosto, 2015

Teño unha amiga que sempre me di que as persoas son decepcionantes por natureza. E supoño que ten razón, que tan só é cuestión de tempo. Así, hai persoas que algunha vez se cruzaron nas nosas vidas que nos parecían extraordinarias, fóra do común, especiais en fin, e que a medida que as imos coñecendo máis, cando se chega a certo grao de intimidade, acaban parecéndonos normais. Imaxino que funciona así sempre,que tamén eu acabo sempre decepcionando ás persoas que me coñecen e ás que un día lles gustei un pouco.
Claro que si o penso ben, creo que o problema é que todos somos ao fin e ao cabo, simplemente humáns. Tendemos a idealizar ás persoas que nos gustan, a crer que son intelixentes, inxeniosas, divertidas, amables, cariñosas...pero dun xeito extraordinario. E logo, resulta que cando profundizamos un pouco, son todo eso si, boa xente, pero coas mesmas miserias que nós mesmos.

Eu tiña un amigo. Creo que o teño todavía porque a xente non sae dunha vida así como así. E quizais o fallo foi crer que era diferente a todo o mundo, que era mellor, que estaba un pouco por riba das cousas cotiás. Que era bo ata o infinito, sen esquinas. Humilde. Sinceiro e transparente sempre. O fallo, estou case segura, foi idealizalo e non coñecelo. Por iso, cando por fin abrimos a porta ao coñecemento mutuo, non nos entendimos. Porque ningún dos dous somos tan marabillosos. Porque tamén el ten vanidade, e egoismo, e mala leche, por qué non dicilo E eu...pois estou chea de defectos que me afloran caprichosamente no momento menos oportuno.
O dito, as persoas somos decepcionantes.

06 agosto, 2015

Días raros

Vivo días raros. Nos que os bicos non significan nada e o tempo dedicado ao cariño e ao coidado dunha relación tampouco ten valor ningún. Así que decidín renunciar a calquera tipo de entendemento, por saúde. Sobre todo por saúde. Porque non podo meterme na cabeza dos máis. E porque non quero querer xa máis a quen non me quere.

Pero unha non decide en que bico se para o mundo e todo deixa de xirar con sentido para cobrar de pronto o ritmo doutro corazón que non é o teu. Unha non decide cando son eses ollos e non outros os que despertan a túa ansia e se meten na túa cabeza cada mañá, dende o mesmo segundo no que soa o despertador. E así, namorarse é tan só un accidente que na maioría dos casos resulta mortal. Eu tiven este verán dous accidentes. E aínda non curei as feridas, si é que conseguín sobrevir a algún, que aínda non o teño moi claro. Sigo viva? Si vivir é respirar e ir cada día ao traballo, non hai dúbida. Pero si vivir é sentir que o mundo ten que ser algo máis que lamentar que os seus bicos non durasen ao menos uns minutos máis, entón, estou morta. Dúas veces.
Morrín co móbil na man, mirando o seu whatsapp sen foto e sen dobre raíña azul na miña última mensaxe,que dicía -xa sen que ninguén a fose ler- “bótote de menos”.
Morrín unha noite de domingo nun bar, mentres el me miraba aos ollos e me dicía que xa non quedaban máis bicos.
Dous accidentes. Os dous mortais.