16 mayo, 2011

Eurovisión 2011



Pasou Eurovisión un ano máis e eu fun por terceira vez á festa de Eurovisión máis famosa e concurrida de Santiago de Compostela. Comezo a ser unha das habituais nesa festa, co que iso conleva de autoridade e facerse respectar, e ademais este ano co plus que me outorgaba o feito de ser a única lucense do evento, ao igual que a nosa representante Lucía Pérez.




A festas dese tipo ten unha que ir ben vestida, forzando un glamour que ainda que non existe de seu, poida polo menos disimularse nese día como si se tratase dun estilo do máis natural. O bó é que pode unha deixarse caer na excentricidade, e recargarse ata límites insospeitados, sin chamar a atención.




A miña porra foi un auténtico desastre. Apostei por Estonia como gañadora, e quedou penúltima, e puxen a Suiza no número dous, quedando finalmente última. Ademais foi Suiza o país que eu quixen para colgar na miña acreditación, vamos que todo un éxito. Ao final conseguín sair na foto oficial da festa, esa na que saen os cinco primeiros e o último, e según o anfitrión , o importante é sair na foto.




Disfrutei da actuación de España e debo dicir que me sorprendeu para ben, que a vin divertida, concentrada, afinada e moi simpática coa cámara, e que dende logo non comparto ese posto número 23; ao igual que non comparto o primeiro posto para ese dúo creado ad hoc que carecía de química algunha sobre o escenario.








Cando rematan as votacións, cando remata o Festival, comeza a festa no piso de Felipe. Unha festa que se convertiu xa nun clásico dentro do mundo dos eurofans e mesmo que está tomando certa relevancia e recoñecemento nos círculos de trintañeiros galegos. Non hai eurofan que se precie que non coñeza a festa de Felipe e que non estivese disposto a matar por unha invitación. E eu, casi sin comelo nin bebelo, fíxenme co meu posto e con dereitos de antiguedade.




Claro que nesta festa hai que seguir certos protocolos de comportamento, primeiro para integrarse e logo para caer simpático nese micromundo de fans eurovisivos. O primeiro que ten un que facer ao cruzar da porta para dentro é abandoar calquera prexuizo e desinhibirse por completo, deixando fóra complexos e vergoña. Porque cando o Festival remata, toca actúar. E ahí é realmente onde hai que poñer toda a carne no asador, onde se xoga un si ao día seguinte o van poñer verde ou non o anfitrión e o resto dos convidados máis antiguos na hora do almorzo ,entre café e café.




Eu este ano fun -a pesar de ir soa á festa- unha privilexiada. Tocoume facer a interpretación do país ganador, e despois tiven a sorte tamén de facer a actuación de España, e así , ataviada cunha perruca morena e longa, bailei o "que me quiten lo bailao" como si non existise máis vida despois deses minutos de música. E si a cousa ía de honores, eu que xa comezaba a telos todos, culminei ao día seguinte ao compartir o almorzo cos clásicos da famosa festa,e participar en primeira persoa na crítica constructiva e destructiva do que deu de si a festa e os seus participantes.




Por suposto que unha noite tan especial deu de si moitas outras cousas, algunhas que nin siquiera poderían comentarse por ser demasiado políticamente incorrectas, pero por agora con esto paréceme suficiente.

14 mayo, 2011



Cando vivía en Santiago lía todos os días El Correo Gallego cunha devoción que raiaba a obsesión. A través dese xesto pequeno sentíame parte daquela sociedade viva e bulliciosa, cidadá santiaguesa pola gracia da universidade. Eran tempos de moita xuventude co que iso conleva, e eu descubría o mundo a través daquel xornal que me poñía en contacto coa realidade que transcorría fóra, lonxe da miña axetreada vida de universitaria que nunca puxo os pés na facultade de Dereito máis que para ir facer os exames. Cando marchei de Santiago para virme a Pontevedra pensei que o que máis botaría de menos sería a miña dose de xornal diario. Pero afortunadamente somos animais de costumes e caemos rápido en rutinas novas que nos fan esquecer o que quedou atrás, e aquel xornal pasou a mellor vida na miña memoria.



Comecei a ler dun xeito natural, casi sin darme conta, El Diario de Pontevedra con dedicación e entrega de adolescente que descobre o mundo. Xa non era universitaria, e comezaba a vivir unha vida real, con problemas reais ,e na miña nova etapa o Diario de Pontevedra ía ser a miña folla de ruta para moverme por unha cidade descoñecida.



Engancheime enseguida a este xornal , ata o punto de rexeitar calquera outro ainda que os contidos sexan sobradamente mellores. ¿A quen lle importan os contidos cando un xornal pode unirte por fíos invisibles a unha cidade e ás súas xentes?



Logo namoreime un pouco , e diredes, qué ten eso que ver co tema dos xornais; pois él escribía no Diario e facíao moi ben, por certo. Entón a miña dedicación e entrega ao Diario de Pontevedra convertiuse nunha devoción casi relixiosa, de fan ou de militante, que comulga a cegas con cada liña, con cada columna , con cada titular.



*



A min a política gústame moito, por eso deixei o teatro para estudiar Ciencias Políticas pola Uned, así que nestes días de campaña electoral eu ando especialmente contenta, como de festa todo o día de mitin en mitin e de cea en cea. Eu milito no PSOE de Vilalba e alí están os meus candidatos e tamén será alí onde pase eu a xornada electoral e onde deposite o meu voto para o candidato Eduardo Vidal, pero a estas alturas da miña andadura pontevedresa, Pontevedra tírame tanto como a miña aldea e as miñas raíces. Vou detrás de Louro con ánimo de fan adolescente, e aplaudo con rabia cando nos mítines se arranca cun "vou ser o alcalde de Pontevedra".



A candidatura de Pontevedra, a verdade é que me volve tola. Gústame do principio ao fin, e teño que confesar que eu non era devota de Antón Louro ao princio, que incluso me parecía algo estirado e inaccesible, pero un home que foi Delegado do Goberno, cunha traxectoria política impecable , que se codeou cos grandes da política a todos os niveis, ten unha xenerosidade abraiante cando retorna á súa cidade para volcarse na política municipal.



Agora non só considero a Louro un home xeneroso e un bó político , senón que me ten totalmente gañado o corazón. Porque Antón Louro non gaña a confianza da xente a través de discursos nos estrados, senón a pé de rúa, nas distancias cortas, falando cos veciños de tú a tú, contento de estar no lugar no que se atopa agora, pelexando pola alcaldía da súa cidade.

07 mayo, 2011

Cóntase por ahí que as segundas partes nunca foron boas, pero quizais sexa só cuestión de dar segundas oportunidades, sin prexuizos e con vontade.

***

05 mayo, 2011

Estrémeceme pensar que nalgunha parte do mundo , políticos que consideramos homes de ben, que gañan nobeles da paz, poidan xustificar a tortura, poidan afirmar sin poñerse colorados que o fin xustifica os medios.

Fálase estos días da morte -do asesinato- de Bin Laden por todas as esquinas, e cadaquén ten o seu punto de vista; Si Guantánamo serviu para esto, eu penso -sigo pensando- que foi un erro.

*

Brilaba un sol expléndido pouco habitual para un día de finais de abril. Quizais habia uns vinteseis ou vintesete graos. Saín lentamente, sin saber moi ben a onde dirixir os meus pes e a miña alma, pero estando segura de que non podía meterme entre as catro paredes da miña casa. Esa tarde non.

Acabei por inercia nunha terraza na Plaza de España e pedín unha cerveza. E despois quedei alí, quieta, muda, absorta na miña desgracia, sin asimilala de todo; e pensei que así era nas películas a maneira na que un bó director recrearía o meu drama persoal. Unha muller soa, coa mirada perdida, co sol petándolle na cara e bágoas tímidas resbalándolle por detrás dos cristais das gafas de sol.

Achegouse á miña mesa unha gaivota e comezou a comer alí mesmo a empanada e os emparedados que me puxeran de pincho, e non tiven nin forzas nin gana nin necesidade de mover un músculo para alonxala de alí. En certo modo non me incomodaba a sua presencia, tan allea a min como calquera outra cousas das que estaban a suceder no mundo xusto naquel instante.

Soou o móbil dentro do bolso, e imaxinei quen chamaba, e a conversa que teriamos, e o que viría despois, así que deixei que soara como un pequeno xesto de rebelión contra o futuro inevitable. Esta vez non, esta vez non sería como estaba previsto.

01 mayo, 2011

Y por fin la lluvia, pensé, como queriendo encontrar en esta lluvia de primeros de mayo una señal en medio de la encrucijada en la que se ha convertido mi vida en los últimos días. Siento una inquietud extraña, un desasosiego nuevo que me produce una sensación ambivalente, entre la liberación y el pánico ; como si por primera vez en mucho tiempo me moviese sobre arenas movedizas , pero consciente -también por primera vez en mucho tiempo- de quién soy.

*

Escucho la misma canción una y otra vez buscando mis lágrimas. Se que están ahí, como en un disparadero preparadas para ser lanzadas por fin y convertir en realidad los sueños de ver por fin culminados miles de asesinatos que simplemente se fueron dilatando en el tiempo. Porque eso es lo que he hecho yo básicamente en la vida, ir dejando para otro momento un asesinato, y luego otro...Asesinatos pendientes, metáforas de mi existencia .

*

Y por fin la lluvia, pensé , y quise llorarlo todo para no tener que sentirme culpable y simplemente poder sentir compasión por mi misma, y consolarme luego. Pero lo más que pude hacer fue ver por décima vez Bajo el Sol de la Toscana y comerme tres helados de vainilla y chocolate. Sábato, que falleció hoy, dijo que nada podía contra un hombre que cantaba en la miseria, y supongo que esta es una buena filosofía para seguir avanzando.

24 abril, 2011

O verde é unha cor bonita , que recorda ao campo e que nos fai pensar na palabra esperanza. Non sei se como cor de uñas é moi axeitada.

*

Era xa tarde e quedábanme menos de tres horas para coller o coche de volta a Galicia e á rutina; o local era escuro e a música soaba demasiado alta, demasiado lonxe dos meus gustos; non había apenas mulleres naquel pub que se convertía nun dos últimos refuxios para os que non querían abandoar moi cedo a noite toledana; tiña un copazo de vodka na man e a parte de beber non sabía que coño pintaba todavía alí.

Neste escenario apereceu o seu sorriso amplo e enorme, o seu cabelo liso e longo movéndose o ritmo da música, a súa voz suave que me resultaba familiar. Ocurríuseme botar sobre el todas a miñas queixas coma si él fose o representante de todos os homes de Toledo que aquela noite estaban pasando de min, alleos por completo ao meu escote e as miñas ganas contidas de namorarme. Non só aguantou o chaparrón de xeito estoico, senón que se exculpou dicindo que él era madrileño ,e que polo tanto non podía metelo no mesmo saco dos aburridos e asexuais no que eu metía a todo Toledo. Falamos pouco -ou moito , non recordo- esas cousas que se din cando coñeces a alguén tipo de dónde eres e qué fas na vida e outras parrandadas, e despois veu a pregunta crucial que ía marcar no sucesivo o ritmo dos acontecementos: "¿a qué hora te vas?" Mirei a hora e soupen que aquelo ía ser un aquí te pillo aquí te mato ou non sería nada.

Pasamos ao tonteo a toda presa, e despois de dez minutos de olladas insinuantes foi todo un cabaleiro ao preguntarme si o acompañaba a fumar. Pensei entón no que a lei antibaco estaba a supoñer na miña vida e saín coa cazadora baixo o brazo agarrada da man do que sin dúbida era o home máis guapo do local.

*

Encendo o ordenador e descubro a primeira sinal de que todo segue no seu sitio , de que a rutina agarda paciente despois de catro días sin durmir nunha cidade descoñecida a 600 km de distancia. Os mesmos mensaxes insustanciais polo menenger, as mesmas frases irrelevantes no facebook, o mesmo hastío servido a través de emails no correo electrónico...Sinto unha pereza infinita, algo de nostalxia, quizais un pouco de sono.

19 abril, 2011

20:45 horas. Si normalmente a proximidade do mércores faime respirar dun xeito distinto, non quero nin contarvos como respiro hoxe, cando faltan unhas horas para un mércores que se convertirá nun venres pola maxia da Semana Santa. Desexo que sexa mañá a medio día, para saír correndo da oficina e desconectar por fin durante uns días da merda esa na que me movo cada día. Vou saír e tomar unha gran cervexa no bar de diante da casa, eu soa, como si se tratase dun pequeno homenaxe a min mesma. Despois virá todo o demais: miña irmá , a viaxe, quen sabe...Pero ante todo, quero unha cervexa e un pincho lendo o xornal e cagándome en todo o que deixo atrás.

*

Estou enganchándome a Sexo en Nueva York. Nunca me pasara, pero agora que estou de vacacións da EOI, vexo o feito de sentarme no sofá durante horas, vendo capítulo tras capítulo dunha serie na que catro mulleres falan dos homes que non acaban de querelas de todo, como toda unha liberación. Creo que non pido nada máis.