29 febrero, 2008

Está todo concluído. Podemos decir que no ha sido fácil, pero tampoco conviene dramatizar. Cuando el frío no aparece cuando tiene que hacerlo, nos agarramos a esta primavera adelantada con cierta pasión estremecedora. Las tardes luminosas se alargan más de lo imaginable, y los domingos se convierten en la medida de todo, en el marcador de cuanta felicidad llena nuestras vidas.
Pero las estaciones a destiempo también nos producen cierta inquietud, cierto nerviosismo que no es fácilmente apaciguable. El calor nos lanza a la calle sin rumbo, sin espectativas definidas y nos comportamos un poco como zombies que esperan el paso del tiempo como algo liberador. La memoria del invierno, de las últimas y escasas lluvias, de las noches de frío arrebujados en el sofá y de las tardes calentado las manos con una taza de café, queda demasiado lejana, solapada por la luz de una tarde plena en la que los escaparates de la ciudad bulliciosa nos ofrecen una nueva visión del mundo , la ropa de temporada.
Las noches , sin embargo, no se parecen a nada. A ninguna otra noche. Se consagran al porvenir, al futuro efímero de los amores soñados, a la verdad última de esos paseos por entre las piedras dormidas de los callejones, con un olor en el aire casi a verano, ya sin bufandas, sin paraguas. Y en medio de esa nocturnidad apetecible, recobramos los recuerdos de tiempos lejanos, sin melancolía, sólo como un simple ejercicio memorístico que nos complace y reconforta. Cuando éramos más jóvenes...Y así Febrero se cierra con una dulzura enérgica, como si no fuese febrero lo que dejamos atrás, si no un mes cualquiera que se creó ex proceso para este baile de ensoñaciones, rebeldías y promesas que convertimos en la esencia misma de nuestra existencia en este mundo.

28 febrero, 2008

Existe ese lugar que tanto imaxinamos, que tantas veces visualizamos no medio das nosas fantasías máis íntimas. As veces asustanos incluso perfilalo demasiado, debuxar con sutiliza, con definición clarificadora as nosas ansias máis inconfesables. Outra realidade posible, na que os límites non estean nunca á nosa vista , ao noso alcance, e onde todo, absolutamente todo, sexa realizable.
Existe. Porque eu estiven nese lugar. Os ollos ben abertos. A pel enteira aberta. A boca. O aire entrando nos pulmóns como si cada bocanada fixese unha nova ferida. O tempo parado no reloxo da vida, sin idade, sin metas. A cidade aos pés, os corpos abandonados sobre o chan , nús, entregados ao espacio indoloro. A búsqueda do pracer como único destino, como única lei. A dor, inflixida coa sutileza coa que só os amantes poden moldear as perversións máis escuras. Sin retorno. Sin pasado. Coas fiestras abertas de par en par, e o mundo enteiro por testigo da nosa felicidade. E real. Infinita. Gastando as últimas forzas para rexurdir unha e outra vez, ata agotalas por completo. Unha e outra vez. Sen sufrimento.

27 febrero, 2008

A nena de Rajoy

Despois da resaca que nos deixou o debate electoral, xa algo máis tranquilos, coñecedores todos dos resultados das enquisas , e saturados dos debates mútiples que se sucederon sobre o debate, queda en todos nós , e quedará por moito tempo na nosa memoria colectiva esa nena que Rajoy debuxou con tono nostálxico , catastrofista e paternalista . Esa nena con familia, vivenda e pais con traballo, coma si as necesidades do noso mundo fosen hoxe as mesmas que fai corenta anos.
Non sei de que sociedade estaba a falar Rajoy cando metafóricamente nos presentaba unha nena que só precisa una familia e pais con traballo para ser feliz e desnrolar a súa personalidade. Pero Rajoy non contemplou a posibilidade de que esa nena pudiese ser adoptada, e ter dous papas, o cal sería igualmente unha familia. Que esa nena podería ser unha nena china, que atopou no seo desa familia formada por dous homoxesuais casados unha vida feliz. Que precisaría que non só se lle recoñecesen os seus dereitos en igualdade, e se lle desen as mesmas oportunidades en razón do seu xénero, senón tamén que non sufrise ningunha discriminación por ser doutra raza. E esa nena de raza china, sería unha cidadana española, que precisaría dun estado que se preocupara por algo máis que o prezo do pan, que se preocupara da súa educación, que non a metera no cárcere aos doce anos, e que cando fose adulta , lle permitise elexir con quen casar e tomar decisións sobre o seu propio corpo.
Efectivamente a nena precisa dunha familia, dunha vivenda e duns pais con traballo, pero a nena precisa tamén dunha lei de igualdade, que garanta que as súas oportunidades serán as mesmas que calquera nesta sociedade, e precisa tamén dunha sociedade aberta e plural onde vivir en armonía coas minorías e respetando os dereitos de todos, onde a cultura sexa accesible a todos e onde a educación sea prioritaria.
A Rajoy só lle faltou, mentres definía á súa nena modelo, calzarlle uns zapatos de charol e mandala os domingos á misa das nove. Así xa sería completamente feliz.

26 febrero, 2008

Zapatero versus Rajoy

Asistimos onte pola noite ao primeiro debate en quince anos entre os dous principales candidatos á presidencia do Goberno. Lamentablemente non quitei desde debate demasiadas conclusións. Prometía ser un enfrentamento clarificador, no que se tratasen os temas de maior interese para os cidadáns e ambos candidatos presentasen os seus proxectos de goberno, e convertiuse nun simple baile a dúas bandas de cifras e de reproches que moi pouco aportaron á campaña electoral.
Foi o debate de onte unha ollada ao pasado, na que tanto Rajoy como Zapatero se botaron en cara os seus desacertos, adversidades e meteduras de pata, nunha especie de circo no que ambolos dous se pelexaban por quen era o máis mentiroso, quen era o que levaba máis gráficos debaixo do brazo, quen usaba máis o dedo acusador.
Dubido moito de que alguén atopase utilidade a este cara a cara, a este "ti dixeches, eu dixen ;ti fixeches eu fixen; ti mentiches eu non mentín". Non vimos propostas, nin programas, nin mirada ao presente, nin ao futuro, nin respecto mínimo á cidadanía, que nesa danza de acusacións mutuas e repeticións constantes dos sus discursos históricos , máis que gastados a estas alturas, nos aburrimos profundamente.
Sin embargo, todos sabedes, que cando falo de política, sempre adoito unha postura parcial , e non podería ser diferente nesta tesitura. Porque si ben é certo que os dous líderes decepcionaron, un resultoume máis intragable , máis ruín e máis incapaz de levar a cabo o reto de gobernar o noso país durante os próximos catro anos.
Rajoy enfrentouse ao cara á cara con agresividade, e puxo a ZP nunha situación inevitable de postura á defensiva. No debate puidemos ver ao auténtico Rajoy, nin máis nin menos que ao Rajoy que levamos vendo durante á pasada lexislatura. Viuse sobre todo nas descalificacións que fixo a Zapatero en torno ao tema do terrorismo, e tamén no seu tono ao referirse á inmigración.
O que sucedeu onte, non foi , en definitiva, máis que un resumo do que leva acontecendo neste país durante os pasados catro anos. Quedou clara a ruptura en materia de terrorismo, e penso que esta é a conclusión principal do cara a cara : as posturas irreconciliables en torno a un tema trascendental, en torno a un problema gravísimo que só se resolverá cando o consenso e o traballo de tódalas forzas políticas e de tódolos sectores da sociedade, sexa real ,firme e inquebrantable. Vendo o debate onte, a crispación xenerada por Rajoy ao acusar a Zapatero de agredir ás victimas do terrorismo, penso que estamos ainda moi lonxe de acabar con esta lacra que arrastramos dende fai décadas.

25 febrero, 2008

Os luns encerran a resaca toda da fin de semana, a boca é coma un pozo de barro, e os ollos a penas entreven a luz da madrugada. Os recordos agólpanse entrecruzados, revoltos, e a felicidade que por uns momentos pensamos real, desaparece deixando tan só un lixeiro fío de amarga melancolía.
Os luns son a decepción infinita dos amores imposibles, dos soños perdidos, das risas que na tarde de domingo tivemos a sorte de compartir cos amigos. Ay, os domingos...Si o día de hoxe gardase nas súas entrañas tanto romanticismo como o día de onte, no que tanto choveu dentro e fora dos nosos corazón feridos de hastío.
Procuramos con forza escapar da tristura toda do mundo, abstraernos, e atopar un escenario privado no que contruír un micromundo para encher de felicidade. As veces non existe mellor consuelo que eses pequenos momentos nos que de pronto todo parece que encaixa, por absurdo que pareza visto dende fora. E entón , Caldas convirtese no paraíso dun domingo calquera, no que a realidade é o que lles sucede aos outros, aos que non tiveron valor para vivir contracorrente.

Pero os luns, un vai á oficina cos petos cargados de emocións rotas, que se foron esnaquizando ao paso das horas, como si nada. Hai que construír a semana, mirar para adiante, e non caer no erro cruel de lembrar a fin de semana como un episodio épico irrepetible. Mirar para adiante co regusto do último soriso da noite de onte nos beizos, como si eso fose o noso único legado.

22 febrero, 2008


Venres. Non teño moito que dicir, ou non atopo as verbas para contalo. A apatía manifestase sobre todo na miña maneira de escribir, ou de non escribir. Estou morta por dentro, a pesar do sol, a pesar da fin de semana que se aveciña, a pesar de que as perspectivas non son de todo desalentadoras. Pero abúrreme a campaña electoral e abúrrenme os xoranis e abúrrenme casi todo o que me rodea. Nin o consumismo primaveral consegue salvarme deste tedio insoportable. Prefiro as feridas a esta morte neuronal e emotiva que domina todo o meu ser. Hoxe debería estar radiante, pletórica, contenta, porque teño por diante unha tarde fermosa na que o tempo podería ser o meu aliado. Sin embargo preciso sair de aquí, non afogarme máis nas rutinas desta cidade que aniquila os espíritus. Aínda é cedo, ainda podo borrar esto , e construír un futuro próximo que teña algo de esperanzador, algo de preludio dunha felicidade posible. Non sei. Coma sempre, todo pode mudar nun segundo, sempre pode suceder algo que nos libere da monotonía, ou sempre podemos cambiar o humor. Quedan horas por diante. Entre tanto, que sexades felices.

21 febrero, 2008

Os xoves teñen un olor distinto na miña xeografía. Hoxe máis ca nunca, porque hoxe volta él .Volta co pelo curto –si decicidu cumprir a promesa que me fixo cando marchou- volta cun disco novo baixo do brazo, e as vivencias dun mes no marabilloso Brasil da súa alma. Onte os nervios non me deixaban durmir, levo tempo esperandoo, como si se me fose a vida na súa volta aos escenarios desta cidade. Ë que en parte é así, vaiseme a vida na súa presencia ante un micrófono, coa súa voz suave, o seu acento, a súa maneira de dibuxar o mundo ao son da guitarra. Gústame como canta , e gústame como é. Como mira, como divaga antes de cantar, como pensa ,como se rebela contra todo sin perder o soriso, sin levantar a voz. Fai anos que o sigo, que o vexo semana tras semana actúar, que me contaxio da súa enerxía, que me emociono coas súas cancións. Hai quen toma drogas para ver este mundo coma un lugar algo soportable, a min bástame él no escenario para mudar as cousas, para transformar as realidades e sobre todo para facerme crer que os soños son posibles.

Non é a primeira vez que falo del, pero hoxe é un día especial. Porque levo tempo botandóo de menos, e por fin, vou velo de novo, e a normalidade voltará entón a miña rutinaria vida. ¿Qué sorpresas me agardan esta noite ,cando saúde, cando presente a carátula da súa nova creación, cando nos conte que tamén nos botou de menos?