28 junio, 2015

Whole Wide World













Ás veces pasa que eres tan feliz que comezas a ter medo de que tanta felicidade non pode durar. A ter medo de que de pronto suceda algo malo, málisimo, que esté a altura de todas as cousas boas que che sucederon últimamente, unha especie de compensación cósmica que funciona como unha lei natural. 
Eu vivo sumida nese temor nos últimos meses, casi agardando unha mala noticia. Desexando que chegue canto antes, na creencia de que canto máis tarde en chegar peor serán as consecuencias. Pero todo me sae ben. E son feliz. E cando pensas que nada máis bo pode acontecer, vai e acontece. Entón, intento, para eludir os meus temores, relativizar un pouco tanta felicidade. Buscar o lado negativo das cousas. Tranquilizarme. Ser un pouco infeliz. E doume conta de que todo, ao fin e ao cabo, non é máis que un estado de ánimo. Estou ben comigo mesma, estou ben cos demais. E non lles exixo nin me exixo demasiado. Quizais o que eu chamo felicidade non sexa máis que madurez. Quen sabe.
Un ano parece a primeira vista moito tempo, pero cando un se da conta, xa pasou, e outro novo agarda á volta da esquina. E as cousas que levan un ano sucedéndose, cun xesto rutinario e armónico, acaban por institucionalizarse de xeito natural, e a partir de ahí, o tempo xa non conta, xa non hai volta atrás, xa é dificil desfacer o embruxo. Un ano é moito tempo ata que, un ano de pronto xa pasou, e foi un suspiro. E botas a vista atrás e parece que sempre foi así. Que el sempre estivo ahí, tumbado na túa cama contándoche os seus problemas con facenda, como se ademais da súa amante foses tamén a súa conselleira.
***
Son pouco máis das sete da mañá. El encende a tele e zappea como si estivese na súa casa. Os bicos que se repiten teñen esa maxia, a de convertir calquera espacio nunha patria conquistada. Ela ten presa. Ten que ir ao traballo. El pode quedar a durmir un pouco máis. Pero fai o esforzo de manterse desperto mentres ela se viste. Gústalle vela bulir polo cuarto buscando os zapatos, botando perfume, secando o pelo. As veces, cando vai con tempo, ela prepara unha taza de café e vaina tomar ao cuarto, sentada á súa beira na cama. E ahí tocan os últimos abrazos. Os últimos bicos. Cando ela regrese, despois do traballo, encontrará o cuarto baleiro, coa fiestra aberta -para ventilar- e a cama desfeita. Esa manía de nunca facer a cama cando se marcha. Pero el ten detalles que a ela lle gustan moito. O oso de peluche coa que ela adorna a cama non está tirado no chan, como quedaba cando marchou. O oso sálvase do caos no que se convertiu a habitación. Está sentado na cabeceira da cama, contemplando toda a estancia, como esperando que ela chegue. E entre os seus braciños de trapo suxeita un folio de papel con apenas dúas palabras escritas: Mil bicos.

25 junio, 2015

O verán en bosquexos


Ando nestes días na  procura dun pasatempo para as tardes de verán. Non está nada decidido, ainda que xa teño algunha idea rondándome a cabeza.  Pensei en facer bosquexos. Si. Facer pequenos debuxos nun block, apenas debuxos inconclusos, trazados a lápiz, de calquera forma ou obxecto que se presente ao alcance da miña vista. Non penso ir a tentas. Merquei un libro que me vai guiar na aventura, e dunha primeira lectura xa saquei a conclusión positiva de que debo disfrutar da inconcreción das formas, das figuras pintandas tan só a medias. Disfrutar de facer bosquexos.

E pareceume unha metáfora perfecta para o verán. A vida en bosquexos, tan só esceas inacabadas, sentimentos indefinidos…trazos lixeiros, volátiles, imprecisos…O verán en bosquexos. Sen a preocupación de ter que ver a obra rematada, disfrutando da lixeireza de cada composición, dos momentos imperfectos que non conducen a ningures, que mesmo morren no intre no que son trazados, no que son vividos. Disfrutando dos erros cometidos a cada paso.  De cada bico que se perda nun só trazo. Mal definido. Inacabado. Bosquexo que xa non serve para nada. Máis que para disfrutar do momento no que se estaba a pintar. Facer bosquexos. Tan só.

24 junio, 2015

A felicidade é bailar.


Comezou oficialmente o verán e pasou a noite de San Xoán. Deixando unha forte pegada. Fixen todos os rituais, deixei o meu cacho en auga na ventá, ao rocío da noite, tirei o meu papel con tres desexos escritos ao lume, saltei un número impar de veces a cacharela –nove, para ser exactos- e bailei. Bailei como facía tempo que non bailaba. Música de verbena. Ambiente de verbena. Cervezas diante o palco e baile desenfrenado. A felicidade. O certo é que despois de bailar como onte o fixen unha pregúntase qué cona estaba a facer antes cando bailaba. Aquilo non era bailar. Pero agora parece que lle estou pillando o gusto. A felicidade é bailar: unha verdade indiscutible.

08 diciembre, 2014

Foi un abandono, e teño que recoñecelo sen poñer excusas. Pasei de escribir porque fixen outras cousas, pero a verdade é que non fixen cousas moito mellores que escribir. E agora, cando decembro se precipita cara o Nadal ás presas, eu tomo unha vez máis a firme determinación de voltar a este blog con certa regularidade. Vouno intentar, polo menos.
***
Non podo falar de amor. Non me sae. Estou cansa e xa non me quedan recursos aos que agarrarme para non caer de cheo na negrura da miña realidade sentimental. Así que, decidín o sábado pasado, cando despertei con esa dor de cabeza dos mil diaños que só traen as resacas mortais, reanudar aquela sana costume que tiña de facer de cando en vez, cando sentía que estaba a piques de tocar fondo, o meu ramadán particular. 
Estou xusto nese momento no que as bágoas afloran xusto á porta do after, antes da última cerveza da madrugada. Son unha borracha triste, que se deprime porque lle pesa a vida, ou sente que lle pesa a vida, cando as copas foron demasiadas. E cando unha toma a conciencia exacta desta tristeza trasnoitada, nada mellor que facer unha retirada a tempo. E nesas estou. O meu ramadán particular. 

19 junio, 2014

Enrique Iglesias Loco Ft India Martínez (official)





No meu blog favorito había un post que falaba dos placeres inconfesables, eses  que por vergonza non se contan a ninguén, por medo a parecer frente aos demais un friki ou un tarado. Pois ben, ahí van os meus. Eu confeso:



Que adoro esta canción. Podería escoitala mil veces seguidas , e cada vez me gustaría máis. E si a bailo, e si a bailo pegada a un home, namorareime dese home para sempre. Ou desa mullar, da igual.

Que me encantan as películas futuristas, da igual que sexan malas, con que o futuro sexa o escenario, xa me valen.

Que me gusta a maxia, sobre todo os números nos que meten a mulleres en caixas e lles cravan espadas ou cuchillas e simulan que as cortan polo medio. Xa de pequena me volvían tola este tipo de espectáculos.

Que me encanta Gran Hermano. E que me cae ben Mercedes Milá.

Que me volve tola bailar agarrado ainda que non se me de moi ben , pero qué sensación...Bailar cun rapaz no medio da pista como si o fixeras ben...

Fai tempo que non escribo, e non foi porque non sucedesen cousas, máis ben ao contrario, foi porque vivín demasiado. Dende que aquel homiño me rompeu o corazón dediqueime a reconstruirme, en todos os aspectos da miña vida. Un traballo novo axudou, e logo un xefe novo, e logo una pandilla nova...E de pronto todo comezou a consolidarse na miña vida ata sentirme de novo , ¿cómo dicilo?, feliz.
Si, porque a felicidade debe ser parecida a esto que estou vivindo agora. Vou á oficina cada mañá, e alí, traballo, vaia si traballo. Pero síntome valorada, aprendo cousas novas cada día...e non sei, creo que estou sencillamente facendo algo que me gusta.
Logo, tiven un sobriño. Xan. Xan é caralludo porque ademáis de guapo vai ser listo  de máis. E trouxo un karma novo á miña casa, despois de tantas mortes na familia nos últimos tempos. Xan vai ser o que queira na vida. Ese é o meu reto. Que se forme, que pensé por si mesmo, que respete ás mulleres, e que sexa feliz.
Non sei, fai tanto que non escribo que me sinto desentrenada. Acaba de chamarme alguén, e sentinme torpe na conversa. Son a mesma Emma de sempre pero sinto que son algo maior. Sigo facendo o parvo , si , pero á hora da verdade...meto una caña que non vexas. Que acabo de deixar ao rapaz temablando. Non paga a pena darlle voltas. Que en esencia sigo igual. Xa sabedes.
Ah, que cambio o rei, agora é Felipe VI. E España foise onte do mundial, no segundo partido e con 7 goles en contra. A vida corre rápido mentres eu son feliz.
Só teño unha espiña nestes días. Chámase Miguel. Pero non o de sempre, ese non. Outro. Pero esa é outra historia da que xa falarei.
 
A vida, a vida simplemente continúa sempre.