¡Vive la France ¡
07 mayo, 2012
¡VIVE LA FRANCE¡
Hollande
significa hoxe, máis que nunca, esperanza. Porque hoxe toda a socialdemocracia
europea mira cara a Francia con felicidade e optimismo, deixándose sentir por
primeira vez en moito tempo aliviada e mesmo eufórica. París convertiuse nunha
festa de puños con rosas, que celebraban a victoria socialista despois de 17
anos. Pero a victoria socialista era algo máis na madrugada de onte, era a
esperanza dunha Europa que se afunde nunha austeridade que Hollande calificou
de fatalidade. O estado de bienestar que caracterizaba o sistema económico
europeo fai augas coa crise e os dirixentes europeos non foron quen de buscar o
camiño para restablecer a saúde económica e financieira de Europa sin dañar os
pilares básicos do estado social. A austeridade condenounos a recortes que nos
convertiron en insolidarios e pobres,
cada vez máis pobres. E no medio da miseria, por toda Europa aflorou a
ideoloxía ultradereitista dándolle a volta a sociedade como se fose un
calcetín.
España,
con só uns meses de goberno do PP, xa non a coñece nin un apuntador.
Convertímonos nus país gris, triste, que se encorva sobre sí mesmo, que perdeu
a chispa, que non cre na esperanza e comeza a non crer nas persoas. Camiñamos rumbo ao abismo, e non se ve luz ao
fondo. E entón, Francia abre unha fiestra a novos plantexamentos, a novas
políticas, a novas posibilidades. E todos miramos a Francia nesta mañá de 7 de
maio, para sentirnos algo libres ao fin, e como xa aconteceu antes no pasado, o
canto de esperanza dos nosos veciños franceses convértese no noso propio canto
de esperanza. Hoxe máis ca nunca ¡vive la France¡
04 mayo, 2012
Comezo
sempre o xornal pola contraportada, é a miña maneira de marcar o ritmo que lle
quero dar as cousas dende o principio, así son eu, así piso, así me rebelo
contra todo. Porque hoxe a rebeldía debería ser algo máis que manifestarse nas
rúas e ir a manifestacións. Hoxe a rebeldía ten que sentirse e palparse dende a
primeira hora, acompañando ao fume do café ás oito da mañá , cando o xornal
todavía ule a imprenta e os ollos ainda non se abriron de todo. E ahí é donde
comezo eu a rebelarme contra todo,
contra o goberno que nos caeu enriba –que nos botamos enriba a golpe de maioría
absoluta- contra a oposición que se desgasta en trifulcas internas en lugar de
plantarlle cara a Rajoy…Contra todo, porque todos os frentes están abertos, ou
a punto de abrirse, cun presidente ao frente que ameaza e lapida os nosos soños
cada venres. E por iso eu comezo pola última páxina, que sempre é un alivio
antes de enfrentar os titulares que acabaran por destrozarme –procura estar
relaxada, díxome a cardióloga- cada día un pouco máis.
***
Hoxe
é venres de dolor no panorama patrio. Sairá Rajoy do escondrixo a cumplir co
prometido – “todos os venres , recortes”- e nós falaremos de política nos bares
, nos autobuses e nos ascensores sin saber que estamos falando de política.
Falaremos do pago da comida nos hospitais, de si un enfermo pode sufragar o
custe que lle suporía un ingreso de dous ou tres meses si só dispón dunha
pensión mínima ou dun soldo base. Falaremos de pagar peaxe para ir polas
autovías cada días aos postos de traballo. Falaremos dos catro cafés que os
pensionistas deberían deixar de tomar para poder pagarse os medicamentos.
Falaremos dos traballadores que se van ao paro cada día. Falemos dos xóvenes
que non atoparon todavía o seu primeiro emprego. Falaremos dos pais que ven
incerto o futuro dos seus fillos e que comezan a facer cálculos para caer na
conta de que difícilmente poderán envíalos á universidade. E nestas conversas de café, iremos
descubrindónos a nós mesmos, a esa clase
media acomodada e conformista que aseguraba
vivir á marxe da política e que aseguraba cando lle preguntaban pola súa
intención de voto que todos son iguais, que xa non podemos continuar mirando
para outro lado e xustifiando o noso pasotismo con que a política é cousa
duns poucos. Porque ao final tratábase
disto, de ter que pagar ou non o tratamento para o asma , de ir a un
hospital e ter garantizada a tua nutrición e hixiene ainda que non poidas
pagalas. Por iso hoxe non se fala doutra cousa máis que de política,
algo que parece que comezamos a descubrir que é cousa nosa, dos nosos votos,
que se foron en masa para o PP e xa se encarga Rajoy de recordarnos que por eso
ten a maioría e fai e desfai como lle da a gana. E agora, de venres en venres afogamos en
recortes, e no malestar xeral hai un
pouso de nostalxia e unha punzada de culpa silenciosa. Hai quenes botan peito e
din que as reformas son necesarias, pero en xeral, todos saben que apretar aos
pobres de pedir vainos levar a todos ao
abismo. E por iso falamos máis que nunca de política, nós, que pasábamos de
todo.
23 abril, 2012
De pronto fructifican los
reencuentros con aquellos hombres del pasado que una vez creí amar, o quizás les amé de verdad, a mi manera,
eso sí. Y cuando a un reencuentro se
sucede otro, parece que todo apunta a una red tejida de destino, algo así como
una encrucijada irremediable en la que nos coloca la vida, lo que significa
siempre verse las caras con el pasado que aún no está resuelto.
Primero me sorprendió su sonrisa
y su voz en mi oído, sus labios en mi mejilla en dos besos sonoros e
inesperados. En medio del ruído de la noche,
música de pub y efluvios de alcohol nos contamos nuestra vida a
borbotones, pasando de puntillas por los
problemas y dejando que las palabras se detuviesen un poco en los halagos; todo
apenas perceptible, insignificante desde fuera, una conversación irrelevante si
no fuese porque hace años le quisiste hasta los bordes.
El reencuentro, si lo pienso
bien, no fue para tanto; sí lo fue sin embargo la sensación de embriaguez que me
dejó, una especie de locura, como una niebla que se posaba en todos mis pensamientos
, sin que terminase de abstraerme del todo, pero sin permitirme centrarme al
cien por cien en cosa alguna. Y así me pasé el resto del fin de semana, en un
intento de huír de la memoria de los tiempos en que su nombre lo llenaba todo y
su belleza era más fruto de un endiosamiento
que real, hasta que se precipitó la solución con otro reencuentro, aún más
convulso, aún más demoledor, que hizo retemblar los cimientos de mi
consciencia.
Jorge volvía a mi memoria desde la
profundidad de una mirada efímera y distante, azul, en medio de una calle de la
zona vieja.
Un grupo de excursionistas
apuraban la tarde del domingo, iban cargados con sus mochilas y sus cámaras de
fotos profesionales lo que delataba su
aburguesamiento desenfadado. Domingueros que rondaban los cuarenta, acompañados de algún niño , iban
fotografiando fuentes y mirando los rebordes de los balcones, como si paso a
paso fuesen redescubriendo la ciudad a través de su arquitectura.
Me crucé con ellos y me llamaron
la atención por el patetismo que me produjo la escena, no eran más que una
pandilla de pijos que sacaban a pasear sus cámaras de fotos carísimas el fin de
semana para justificar de alguna manera la inversión que habían hecho en ellas.
Y de pronto, unos ojos azules me paralizaron. Era Jorge. Primero los ojos, y
luego el resto: su pelo rubio rizado, todavía conservaba su melena, recogida
esta vez en una coleta y cubierta por una gorra de color verde. Su rostro estaba igual, me siguió pareciendo
terriblemente guapo, no había engordado, me pareció esencialmente el mismo.
Jorge allí, de pronto se difuminó
todo, las calles, los demás excursionistas, incluso yo me difuminé un poco. Sin
duda debió de pararse el tiempo unos minutos, y recuerdo muy bien cómo mi
hermana al otro lado del teléfono me decía que no era posible, que lo estaba
confundiendo con otro. Pero si de algo
estaba segura en ese preciso instante era de que era él, y que el momento era
exactamente igual a como lo había imaginado mil veces.
Allí estaba él mostrándoseme tal
y como nunca lo había hecho, pero tal y como era al fin y al cabo. No era más que
un aventurero de ciudad, con sus botas de montaña y su chaleco de explorador
tomando cañas con sus amigos burgueses
por las terrazas de una ciudad que conocía demasiado bien.
Doblé la esquina para recuperar
la respiración; unos minutos después decidí enfrentarme de nuevo a su mirada, y
volví sobre mis pasos, otra vez en medio del grupo. Pero él ya no estaba ,
parecía que la tierra se lo había tragado, sólo a él.
Y después el rastro de cinco años
de amor no correspondido, de entrega a tientas con el corazón suspendido. Y
después la nostalgia de aquel tiempo en la garganta, dura y corpórea. Una
nostalgia que no se va, que todavía duele. Y lo peor de todo, el desasosiego
que produce el remordimiento de no haber hecho absolutamente nada , la
sensación de haberle perdido una vez más.
11 abril, 2012
Lin unha vez nunha novela unha frase que se me quedou grabada polo que encerra de verdade, e agora que ven a conto quero trasladala aquí, para reiniciar con ela unha nova etapa , tanto na miña vida, como neste blog. "La forma en la que se administra justicia a las pequeñas personas, acaba influyendo en cómo es el mundo."
Así, tal e como di esta frase, o mundo vaise construindo tamén a base de pequenas sentencias que van reforzando os dereitos dos máis humildes día a día , ou pola contra, levandóos ao atolladeiro, según sea o xuíz, según sexan as leis que se aplican.
A xustiza neste país está coxa pero ainda podía salvarse nalgún punto, ainda conservaba intactos algúns mecanismos que funcionaban con "xustiza", máis alá dos intereses dos poderosos. ¿Cómo se lle da a volta á tortilla? pois modificando a lei na que se amparan os xuices para impartir esa xustiza. E desgraciadamente, as leis, fanse nos Parlamentos sin que os cidadáns teñan nada que dicir. A nosa democracia.
Pero no meu caso, todavía a lei xogou ao meu favor e todavía tiven a posibilidade de enfrentarme aos poderosos coas únicas armas que me daba a lexitimidade da lei e dos dereitos.
Gañar un xuízo supón unha victoria moral por riba de calquera outro punto de vista que se poida adoptar e que pode resultar incluso máis ventaxoso. E neste momento, en plena crise indefinida e funesta na que se destrúe emprego cada día, recuperar un traballo porque un xuíz así o considera, é un triunfo incuestionable.
As grandes empresas fan e desfán ao seu antoxo, como deuses que poden decidir sobre as nosas vidas ao tempo que o fan sobre os nosos contratos, os nosos salarios, a nosa estabilidade laboral e a nosa diginidade a fin de contas. Pero cando un xuíz lle di a unha destas grandes empresas "basta", algo se tambalea no sistema, e ainda que non o mostren, temblan e rabian nos seus despachos de executivos porque por un pequeno furadiño , o da xustiza e o da lei, se lles escapou o seu poder absoluto.
Dito esto, hoxe estou de celebración. Logo virán outros tempos, outras batallas e seguramente miles de derrotas. Pero hoxe, é o día que toca celebrar a victoria, eu, que non estou acostumbrada a gañar , e que ainda non sei moi ben cómo debería de sentirme.
12 marzo, 2012
Congreso socialista
Cando un se enfrenta a unha punga na que hai máis dun bando loitando pola victoria non queda outra , nos poñamos como nos poñamos, que recoñecer que ao final haberá vencedores e vencidos. Vimos de celebrar o 12º congreso do Partido Socialista de Galicia no que se presentaban dúas candidaturas, a de Pachi e a de Elena Espinosa e sin dúbida algunha gañou a candidatura de Pachi Váquez, que se proclamou o sábado en torno ás 21:30 horas como Secretario Xeral. Pero as victorias ainda sendo indiscutibles (53%) encerran detrás segudas lecturas que trascenden a simple verdade matemática das porcentaxes. Pachi convírtese en Secretario Xeral dos socialistas de Galicia nun congreso que non fixo senón escenificar a ruptura real que sufre o partido a todos os niveis ,e o resultado veu a reforzar , máis si cabe esa ruptura, porque si ben é certo que un 53 % lexitima a Pachi como vencedor, o 47% dos votos en contra non o lexitiman como líder, e máis tendo en conta que Pachi ven de estar á fronte do partido os últimos tres anos. Tampouco axudou moito á unidade do partido a formación da executida na que a integración foi unha verba que quedou en papel mollado e que contou nas votacións cun alto porcentaxe de abstención ademais dos votos en contra.
O que se escoitaba o domingo da boca do novo Secretario Xeral era un discurso formal dun gañador que non puido abrazarse á promesa de renovación, cambio ou ilusión porque despois de estar tres anos á fronte do mesmo non foi quen de levar a cabo cambio algún. Manifestouse a favor das primarias despois de vir de Sevilla de votar en contra e falou de integración despois de presentar unha exucutiva na que non aparece ninguén dos máximos valedores de Espinosa. E si unha imaxe vale máis que mil palabras, hai xestos que resumen a perfección cal é o resultado real do Congreso desta fin de semana: o saúdo que Pachi lle negou a Pepe Blanco cando éste ía a felicitalo pola victoria.
Si a unión que trae o 12º congreso é esta , está claro que o Partido Socialista non está para celebracións. Porque o que ten agora Pachi entre as mans é un partido divido dun xeito palpable, no que as fisuras se fixeron brecha profunda difícil de cicatrizar. E cando as feridas non cicatrizan supuran. Así está hoxe o PSdG, supurando por unhas feridas demasiado antiguas ás que o congreso non veu máis que a maquillar un pouco.
O tempo acaba sempre por dar e quitar razóns, e está claro que son as bases, os simpatizantes e os votantes socialistas os que finalmente darán o seu aval á esta nova andadura do Partido Socialista, ou pola contra , separándose máis ainda dos plantexamentos socialistas , a xente de esquerdas de Galicia buscará refuxio en novos partidos con platexamentos ideolóxicos e políticos de verdadeira esquerda que si sexan capaces de ilusionar á cidadanía nestes tempos convulsos e difíciles.
06 marzo, 2012
"...la gente que se da citas precisas es la misma que necesita papel rayado para escribirse o que aprieta desde abajo el tubo de dentífrico."
Eu son así, ou polo menos fun así durante moito tempo,desordenada por convicción, sendo consciente de que o único camiño á felicidade era sin presas e tanteando coas mans e cos sentidos, sin formalismos e sin estridencias. Durante anos vivín sin rayas que marcaran a liña recta, sin pechar xamais os botes de champú (cousa ademais que me molesta moitísimo que se faga) , sin móbil, sin un "quedamos mañá as tres". Aquel terreno era formidable para o desarrollo persoal, eran tempos de universidade e de primeiros amores, e nunca precisei nin sms nin facebook nin nada para acabar nos brazos de Susiño, por exemplo, rindo e fodendo durante horas , pechados nun cuarto , calquera noite antes dun exame. Eran tempos felices, supoño que porque eran tempos de xuventude.
Agora , o meu tubo de dentífrico determina todavía ese rasgo tan meu, a miña personalidade inquieta, algo atolondrada e por veces volátil , que non veleta; pero xa non me encontro cos amigos nos bares de sempre ,á hora de sempre, ou si non están alí, xa sei que teño que ir á de Toño, ou timbrar na de Carmen que o máis seguro é que estén todos alí xogando ao xadrez. Agora, para ver a Alberto, a Jorge, a Miguel...ou a calquera dos homes que nos últimos anos durmiron conmigo, non saio a pasear pola Rúa Nova a media tarde para encontrarme con Alfredo cando sae de dar clases de tenis de mesa; nin vou ás tres da mañá os venres ao bar Central para encontrar a aquel outro Alberto da miña vida tomando ron con coca cola e mollando cada pouco os seus rizos no baño para que non se lle puxera o pelo ao afro; nin baixo á tenda de golosinas da esquina a comprar pipas para falar con Ismael; nin vou a clase de Dereito Tributario, ou a unha conferencia na facultade de políticas para encontrarme con David ou con Javier. Agora perdeuse xa aquela maxia dos encontros "fotuitos", aquela maxia da casualidade que nunca era casual, aquel encontrarse sin buscarse que encerraba verdadeiramente un buscarse para encontrarse finalmente , e rendirse despois ao destino coa lexitimidade que eso confería ao momento e á situación. Buscabamos o destino e cando por fin se cumplía, deixábamos que cargase coa culpa dos nosos sinsabores -si finalmente sucedían-.
Os mobiles estropearon aquela felicidade , aquela ilusión do encontro inesperado , pero por sorte algunha vez ainda sucede que ao doblar a esquina aparece él vestido con roupa de traballo e mirada distraida nas súas cousas. Ou baixas a pasear o can e xusto cando estás recolléndolle a merda para unha bolsa levantas a vista e está ahí Manuel, paseando tamén ao seu can, moito mais elegante, pulcro e divertido este can o teu , que ata casi che da vergoña; E cando voltas do hospital , acelerada xa porque non chegas a tempo á oficina sabes que seguramente te encontres con Daniel que vai ao banco ou a unha reunión de traballo, co seu chaquetón negro e un foular finiño que lle da un aspecto de dandy trasnoitado e elegante...Si, todavia quedan esas pequenas convulsións, o corazón a mil, sudores fríos e o cerebro nunha especie de estado de shock no que non sabes nin o que dis pero non podes sin embargo parar de falar. Vista dende fóra, semellaria que xiras sobre ti mesma, como si dunha peonza se tratase, intentando aclimatarte á ese encontro e sacarlle proveito, ao tempo que buscas nese instante o regusto doce que a nostalxia de calquera tempo mellor che deixa de maneira inevitable.
Foron tempos felices os de antes, e agora, esclavos dos móbiles e da nosa propia madurez, disfrutamos cada vez menos dos encontros inesperados, e cando nos sucede, en verdade son inesperados e polo tanto non sabemos reaccionar como deberiamos, perdemos a ocasión, non sabemos como axudarlle ao destino. Antes, por exemplo, Ismael baixaba ao locutorio todos os días as dez a chamar por teléfono a súa nai. Eu baixaba á mesma hora a mercar pipas ou unha lata de cocacola, e agardaba a que saise da cabina falando coa rapaza que cobraba, da que me fixera amiga. Cando Ismael remataba e por fin saía, sabía que eu podía estar alí, falando coa miña amiga. E por iso, baixara ao locutorio perfectamente desaliñado para a ocasión, estudiando ao milímetro cada detalle, a barba de dous días pero ben recortada, o pelo despeinado pero con toques de fixador para darlle un efecto como mollado, a súa camiseta preferida e o pantalón de deporte de marca que comprara nas rebaixas e que lle sentaba fenomenal. Parecía que acababa de levantarse do sofá de estar vendo unha pelicula ou dormitando toda a tarde, pero sin embargo aquel aspecto de andar pola casa encerraba algo sospeitoso, porque estaba máis guapo ca nunca, parecía maís alto, máis maior, máis intelixente...Por suposto que eu non fora a comprar pipas vestida de calquera maneira. Todo estaba naqueles encontros casuais perfectamente calculado, incluso a cantidade de perfume que botabas antes de saír. Eran citas posibles que se materializaban no momento no que el me saudaba sorprendido e eu lle preguntaba que facía por alí. Non era necesario escenificar demasiado a sorpresa do encontro, bastaban catro frases feitas antes de pasar a acción. Entón el convidábame a cear á súa casa , que ía facer pizza, ou pedíame axuda cunha asignatura de dereito, e marchabamos xuntos , a bicarnos, a foder, a partirnos de risa e a seguir namorándonos aos poucos , co destino como culpable e as nosas conciencias libres de todo mal.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
