11 octubre, 2011

Non tardou moito en sertir que a estaba descubrindo por completo, coñecía xa os resortes máis íntimos do seu placer e coñecía tamén a maneira máis fácil de que lle asomaran as bágoas. Esa era a súa loita, evitar ese momento fatal no que ela xa non podía máis e rompía a chorar para liberarse de todas as pantasmas.

Pasaba lentamente a súa man sobre a perna dereita e descubría con suma satisfacción que cada un dos seus peliños estaba erizado, era o sinal da culminación física do placer, e él , con esa certeza absoluta de que estaba satisfacéndoa, continuaba feliz e relaxado camiño do seu propio éxtasis. Quizais o amor se trataba tan só diso, de ir sumando un día e outro e outro, e ir aguantando as ganas de manterse xuntos, de ollarse un ao outro, de deitarse xuntos e despertar xuntos ainda que fose despois dunha mala noite.

Ela recoñecía o amor noutros xestos menos tanxibles pero moi clarificadores. Adoraba o seu cheiro pola mañá, ese cheiro que se lle pon a quen máis e a quen menos na boca, e mesmo na pel despois dunha noite de dar voltas e sudar por culpa do calor e os problemas cotiás. Abrazaba aquel corpo que ainda durmia con forza, e abrazaba sobre todo aquel cheiro do amencer , desexando empaparse del, para levalo na súa memoria para sempre.

E él convertíase nun ser fráxil nese mesmo instante, no que percibía que ela non precisaba máis que o seu cheiro para ser feliz, e pedíalle un abrazo forte, moi forte, que lle dese a seguridade que finxía ter en todas as cousas.

Os brazos dela eran delgados e fráxiles, a penas chegaban a rodealo por completo. Non abrazaba con forza-eso pensaba el. Pero el fixaba todos os seus sentidos naquel abrazo primeiro da mañá. Percibía a suavidade da súa pel, a calor da súa respiración no pescozo , e o susurro da súa voz que lle falaba de calquera cousa pero que el non escoitaba, só se deixaba arrullar por ese son, sin importar o seu contido. Deixábase durmir un pouco máis, acunado pola súa voz e protexido por ese abrazo. E entón tiña que dicirllo no medio do sono: quérote.

29 septiembre, 2011

Pensó: "Ahora que por fin me han abandonado todas las cosas pasajeras, ahora que vuelvo a estar bajo el sol, como cuando fui un chiquillo, me doy cuenta de que no sé nada, de que no soy capaz de nada, de que no he aprendido nada. ¡Qué raro es todo esto¡ Ahora voy a empezar de nuevo, como un niño, a pesar de que ya no soy joven y que mis cabellos empiezan a encanecer -sonrió otra vez-. Sí, tu destino será muy singular".

Después de haberse perdido, Siddharta volvía a encontrarse en este mundo y se veía vacío, desnudo e ignorante. Y, sin embargo, no podía sentir pena por lo ocurrido. No. Al contrario, tenía deseos de reír, de burlarse de sí mismo, de chancearse de todo ese mundo tan necio y absurdo.

"¡Haces las cosas al revés¡", se acusó a sí mismo, mientras se echaba a reír.


SIDDHARTA. Hermann Hesse

27 septiembre, 2011

"_Quérote moito, a pesar de que non me crees.
_ Quérote moito, a pesar de que non te creo. "


*

22 septiembre, 2011

O tempo estírase e encóllese ao seu antoxo moitas veces, e outras responde ese estirarse e encollerse a nosa propia vontade, como si fosemos pequenos deuses manipulando os minutos da nosa existencia. Hoxe o día faiseme longo, eternizado nas horas que pasan na cociña frente a pantalla do ordenador, sin ganas de nada e con moitos soños na recámara que non me atrevo a cumplir. Hoxe vai por libre o tempo, e non contou comigo para facerme un pouco máis feliz, ou un pouco menos triste, ainda que fose. E nas horas mortas -todas o son hoxe- e lentas deste día sin fin, sinto que rematou o verán e que xa fóra ule a castañas e a frío, que estalan as follas secas baixo os meus pés e que xa non vou sentir un so día máis de sol.

E entón parecen cumplirse os meus peores presaxios...O outono cubre todo de melancolía e atufa os corazón inquedos. Aburre aos namorados e confunde as caricias que todavía permanecen como unha pegada na area sobre a nosa pel. O outono non é compasivo nin empatiza cos rostros dos que vagamos pola cidade na procura dunha pouca de paz nos momentos agónicos do verán. Setembro desfaise dun xeito casi imperceptible, como querendo engañarnos, pero os horarios e as obligacións, e as chaquetas que se fan necesarias e a noite que se fai cada vez máis larga, dan boa conta do que xa é irremediable. Outono.

*

Non está. Xa fai días que non está, que sei que non está ainda que esté ao meu lado. Sei que teño que despedirme, que facer unha maleta e ir soa a calquera lugar , para borrar os recordos do que non saiu como esperaba. Sei que teño que pensar en datas relevantes que me inflúen só a min, as miñas cousas...,só as miñas cousas e de ninguén máis. Pensar tamén nas ilusións que se presentan como promesas frescas, un futuro que pode traerme bicos novos e abrazos novos. Pero non podo pensar en quen se foi do meu lado con excusas cobardes : "Si cres que merece a pena tes que ter moita paciencia"; como si o amor fose sufrir e agardar.

15 septiembre, 2011

Quedamos. No que respecta a min foi máis por levar as cousas ata o final, pola curiosidade por saber o que pode suceder si dou o seguinte paso que polo verdadeiro desexo. Pero quedamos e fixemos o que tiñamos que facer. As veces o humor é o único que pode salvar determinadas situacións que se foron enfangando soas, alleas por completo á nosa vontade. E nesas estabamos os dous, no medio dun rebote de mensaxes que parecían non conducir a ningures e que sin embargo nos levaron a un pequeno bar de carretera, discreto e escuro, sin miradas curiosas e sen obxectos coñecidos.

Cando un sabe ao que vai ás veces é mellor prescindir das palabras e ir directamente ao trazado do plan. Pero nós quixemos concedernos un ao outro un pouco de romanticismo, ainda que fose impostado, e collímonos da man por baixo da mesa mentres tomabamos unha cervexa e nos contabamos como nos foi o verán. Contruimos unha illa para os dous á vontade, con olladas que se convertían en caricias, e caricias que se alongaban máis alá dos lugares permitidos. E mentres tanto bebimos e rimos coma si non existise o futuro nin ninguén maís ca nós os dous, perdidos naquel bar co coche á porta agardando e unha reserva de hotel queimándonos as entrañas.

*

-¿E agora?

-Agora, ¿qué?

-¿Voltarei a verte?, quero dicir...Ti sabes o que quero dicir.

-Non depende de min, eres ti o que anda liado.

-Pensei tanto neste momento...Aquí, contigo...

-É demasiado complicado.

-Quero verte outro día.

-Eu tamén.

-Entón seguro que encontraremos a maneira , igual que agora.

*

Dinme unha ducha cando ainda non eran as once. Filtrabase a luz do sol pola fiestra e facía calor. Ollei a cama desfeita e imaxinei os nosos corpos alí, apenas facía un par de horas. Tantas promesas deixamos entre aquelas sabas, tantos "quérote" baleiros , tantas mentiras ao fin e ao cabo.

Vestinme e gardei no bolso os xabonciños e os botiños de xel do hotel. Recollín do chan un envoltorio de Control que quedara abandoado á súa sorte. Tireino ao lixo e saín daquel cuarto sin mirar atrás.

01 septiembre, 2011

A fin de semana pasada estiven no Grove e paseando por alí, baixo un sol que estaba moi lonxe de abrasar, e unha brisa marina que che facía poñer a pel de galiña, dinme conta do que é máis que evidente: rematou o verán. Pero a sensación foi casi física; aquel pobo turístico en plenas Rías Baixas, co seu paseo de grandes marisquerías sempre repletas de familias buscando o mellor e máis barato arroz con bogavante, sembrado de bares para tomar un albariño cunha tapa cando voltas da praia, o porto rebosante de cores dos barcos e no medio o bullicio dos catamaráns dos que non paran de subir e baixar xente..., aquel pobo turístico presentouse ante os meus ollos deserto , inhabitado da felicidade que traen os veraneantes aos pobos costeiros. E unha tristeza rara prendía de todas as cousas, como si fosen adornos inevitables. Algúns bares xa botaran o cerre, e outros, servían un viño aos de alí con ollada nostálxica e descansada á vez : "Esto está tranquilo, xa marcharon todos. Só queda agardar o próximo verán".

E por si toda aquela tristeza concentrada nas esquinas e nos bordes de cada cousa que miraba fose pouco, comezou a chuvia a facer acto de presencia, provocadora e cínica, botando máis morriña sobre as peles morenas e os modelitos últimos do verán. Mudar as bermudas por vaqueros, as chanclas polas deportivas , e poñer un chubasqueiro para continuar percorrendo o pobo no seu último latexo de agosto. Rematou o verán, e síntese en cada poro do universo que habito.

*

Todo bo amor de verán que se precie cumple o seu destino evaporándose coas primeiras follas que caen, difícilmente poden sobrevivir a setembro, ese mes dos mil diaños que non acaba de definirse e que se move entre as máis sublimes contradiccións. Setembro enterra os amores de verán porque esa é a súa natureza, morrer xóvenes, sin desgastarse, con promesas a flor de pel nos bieizos que nunca van cumplirse, pero tamén, con todos e cada un dos recordos intactos, algúns incluso idealizados para sempre na memoria e revividos como unha ensoñación despois para sempre, verán tras verán.

A cousa trátase entón de descubrir cando estamos ante un amor de verán e cando esa relación que comezou en agosto, por exemplo, é un comezo dentro dun tempo do calendario que por azar ou por capricho, aconteceu no verán pero que pode alongarse máis alá do inverno. ¿Cómo sabelo? Supoño que ahí é donde radica a maxia das cousas importantes, na incertidume que as cubre e as suxeita.

26 agosto, 2011

Esto...creo que comezo a sentir algo que todavía non sei definir moi ben. Por iso non escribo; fáltame inspiración. As persoas escriben dende a desgracia e a sinrazón das súas propias vidas, e eu son unha persoa, cando menos, podería dicirse que feliz. Bícame ao mencer e dame os bós días e logo arroupa as miñas horas con olladas de amor infinito. Faime a existencia máis fácil , e iso -sempre o soupen- é o que conta.

*

Non estaba previsto, non era o mellor momento, nin siquiera era a persoa máis adecuada. Pero cando menos o esperaba sucedeu, e non soupen dicir que non a aqueles ollos que me dicían sin medo "vou apostar por ti".