22 septiembre, 2010

Charlas con Paloma

Non sei qué vou dicir. Non sei qué vou contar. Sentarei.
_¿Qué tal estás?
_Ben.
E un comezo, non cabe dúbida, unha posibilidade moi probable. A máis probable. Un "ben" aséptico e incorpóreo que sae sin pensar, sin sentir, sin contemplacións de ningún tipo. ¿E despois? Ahí comezan os problemas, a realidade. Ahí toca desnudarse, desnudar a realidade e plantarlle cara, dun xeito organizado. Desorganizado. Non sei, xa non sei.
As palabras terán que ser sinceiras ou non ser. Ou non servirán de nada. Morralla. Palla. Merda.
Todo o que pasou tivo algunha relevancia, eso é así. E un feito. Tivo algunha relevancia. Mesmo que él rompera un pé e eu esnaquizara os xeonllos. ¿Estou tola? ¿estou a volverme tola mentres leo a Xosé Carlos Caneiro? Nostalxia. Eso é. Sentín unha terrible nostalxia ao abrir a porta do meu apartamento. Comezarei por ahí, polo final. Cheguei hoxe, onte realmente. A cidade pareceume extraña e distinta, moi extraña, moi allea a min. Tiven a mesma impresión que cando me adentro no centro de Madrid no autobús camiño da estación . As luces, os edificios, as rúas amplas plagadas de xente , de xente ás présas dun lado para outro. De pronto Pontevedra era unha gran urbe disposta a devorarme. Tiven pánico. E logo, logo...nostalxia. Botei de menos o olor da casa da Tina polas noites, cando me pechaba no meu cuarto de nena e me poñia a ler baixo a luz da lampariña de láminas de cristal. Botei de menos a luz que entra por tódalas fiestras da casa ao mencer, e que enche os espacios de vida, de vitalidade, de infancia. E a herba verde cuberta dun manto de follas otoñais, as primeiras follas do outono. A miña manta sobre as follas secas, e eu deitada baixo a sombra dunha árbore escribindo notas nun caderno. Escribindo nostalxias. Sempre nostalxias.
E logo él. Que rompeu un pé e puxo fin dese xeito tan pouco elegante a unha relación que comezaba. Quedamos apenas nos preliminares. Estaba rendido aos acontecementos, rendido á miña presenza repentina no pobo, na súa vida, na súa intimidade. Rendido á súa propia felicidade , ¿por qué non? Estaba completamente rendido ao seu destino, e vai e rompe un pé. Eso sí que é de gilipollas. Eso sí.
Logo está a bicicleta, o pedalear incesante polas mañás, polas tardes na gran bicicleta de cor vermella e con cesto diante e tres velocidades. E como voar. Percorrer os carreiros que bordean a lagoa e sentir os parrulos saír correndo ao meu paso, levantar o voo os paxaros, moverse entre a maleza os lagartos e as serpes, revolotear as mariposas sobre os humedais. O pedalear ata a casa da miña avoa, cada día, cada tarde, a ver como pasa o tempo sin que pareza que pasa, como envellecen as cousas á beira das persoas que envellecen, como a vida vai roendo os corazóns e os corpos dos que queremos. Somos cinza e en cinza nos convertiremos. Pois iso. Iso cada día, cada tarde, baixo a calor dun setembro que se desliza entre as miñas ilusións e os meus desexos, como si nada.
¿Qué máis? Sí, papá. Papá e mamá. Tamén envellecendo. Xuntos. Algo incomprensible e fermoso. E esa mensaxe que chegou a través deste blog como doutro mundo, da man dun mago. A familia, ese lastre moitas veces, esa áncora moitas veces.
E o futuro. Terror. Pánico. Trémeme o corpo enteiro só de pensalo. O futuro, ese abismo. Incertidume. Negrura. Medo.
Creo que abonda. A estas alturas estarei derrumbada completamente, cos ollos cheos de bágoas, chea de ansiedade. Liberada talvez. Non poderei máis. Nin unha palabra máis, nin un sentimento máis sobre a mesa. Por esta vez xa bastou. Terá que bastar porque non teño nada máis que dicir, nada máis que contar. Nostalxia , ao fin e ao cabo, nostalxia.

15 septiembre, 2010

El final del verano

El verano se acaba, es un hecho, ahora sí. Apenas unos días y comenzará oficialmente el otoño en el calendario y en nuestros corazones. Toca hacer balance, o no, pero a veces se hace inevitable caer en la cursilería de estos quehaceres insoportables y del todo contraproducentes. Balance. ¿ De qué? ¿ De unos meses más de nuestra vida que han transcurrido bajo un sol abrasador y que han pretendido cambiar nuestra conducta sin que nos demos cuenta? Pues no, era todo irreal. Siempre fuimos nosotros mismos. A pesar del calor sofocante de la tarde, de las noches cálidas con las plazas llenas, de la salitre en la piel, de la esperanza de nuesvas posibilidades de conquista, de la ausencia efímera de soledad...El verano no nos ha cambiado. Y no nos cambiará el otoño con su caída de hojas y su vuelta a la rutina y su cambio de programación televisiva. Ni siquiera nos cambiará la vuelta de Gran Hermano ni los escaparates de Pórtico en octubre sembrados de papanoeles y bolas de navidad.
Entonces, si nada ha pasado, si nada va a cambiar, ¿por qué me siento tan abatida? ¿por qué casi no puedo respirar?
Hice un trato con una amiga, una especie de promesa ridícula o de juego, no sé muy bien cómo definirlo. El caso es que en octubre nos propusimos una meta. Octubre entonces era un futuro casi lejano y por delante teníamos aún muchas andanzas que sobrellevar con dignidad y destreza. Pero ahora octubre es un futuro inmediato, un mañana que está ahí, acechante como un monstruo. Un tic tac de reloj dentro de nuestras cabezas marcando incesante que la fecha se acerca, que ya no queda mucho tiempo para cumplir los planes. Un plan es un plan , debe llevarse a cabo, de lo contrario sería como perder la fe en nosotras mismas, como no tomarnos en serio.
Pues no lo veo. No. Estamos a dieciseis de septiembre , con el verano a cuestas y el balance por hacer y no consigo ver la conclusión real de ese futuro programado.
El balance. Volvamos al balance, sí, un poquito de masoquismo:
...uno, dos, tres, cuatro...
mi piel morena
delgadez extrema (aún no acabo de decidir si me gusta o no me gusta)
buenas lecturas
calamares, calamares, calamares
cascabelitos en el pie
la vida sobre ruedas sin rodilleras poquito a poco hasta llegar a más con pantaloncitos cortos para la ocasión
sal en la piel
conjuntivitis
besos que se perdieron entre el bullicio de la gente, que no debieron ser
besos que deberían de haber sido y que no fueron, que nunca serán seguramente
la final de un mundial
nostalgias, terribles nostalgias de las que quiero huír...esos malditos siempre buscando un hueco en mi cabeza
errores : ...uno, dos, tres, cuatro...
y la vez aquella que me subí a la noria, o cuando vi a Mariano en la playa de Silgar, o cuando esperé una hora en un bar por un desayuno y me tuve que marchar sin que ni siquiera me dijese hola un camarero, o cuando comí con un montón de alcaldes, la vez aquella en la que me fui de camping sin ropa y tuve que vestirme en el mercadillo...y cuando recibí aquel sms que tanto me gustó...
y Moscavide en la memoria
sin saber muy bien qué hacer
equivocándome
la plaza de la Verdura
y la casa llena de arena, y de toallas de playa sucias y olor a crema bronceadora como si fuese un apartamento de veraneo
cervezas frías
amores imposibles
idas y venidas
esperanzas encasilladas
amigos
decepciones
caipirinhas (las que hace mi cuñado las mejores)
secretos, intrigas...
bobadas
reproches
mentiras
poemas
lacontraportadadeldiariodepontevedracadadomingo
...

10 septiembre, 2010

Nacho Vegas - (al final) Te estare esperando - el genero bobo

Hoxe non podo imaxinar outra canción...hoxe quero escoitala unha e outra vez...E durmir co susurro da miña propia voz dicindo unha e outra vez "al final te estaré esperando". Marabillosa

Gústame descubrir historias nos libros, gústame coñecer ás personaxes e mesmo collerlles cariño ou certa repugnancia; gústame coñecer lugares lonxanos aos que nunca chegaría senón fose a través da viaxe que supón a literatura, e gústame mecerme no arrullo da musicalidade das palabras que soan ben, historias ben contadas nas que prevalece a linguaxe e a música por riba de calquera outra pretensión. Pero dinme conta xa fai un tempo que non me interesa coñecer o final desas historias. Prefiro reler cen veces unha páxina que soa ben, que está ben escrita e que me remove algo por dentro cando a leo que chegar ata o final e coñecer o destino último , fatal, das personaxes, tal e como o imaxinou o escritor. Non, non me interesan os finais das historias. Prefiro quedarme a medias, coñecer a trama, saber qué acontecemente desencadeou a novela e que grandes persoaxes pululan por ela cobrando vida propia a cada páxina e nunca, nunca saber cómo van rematar as súas andanzas. Como si fosen camiñantes que se cruzan na miña vida durante un par de horas, un par de días como moito, mostrandome as súas miserias, os seus valores e os seus soños, falándome con total sinceridade, como se fala sempre cos descoñecidos, para desaparecer despois para sempre, continuando o seu camiño, alleos xa para sempre á miña existencia, igual que eu á deles. Interesame a súa historia, sí, o que os trouxo ata aquí, o que os botou a andar polos camiños da literatura universal, pero non quero saber si rematan tirados nunha cuneta ou si se fan heroes e salvan á humanidade.
E por isto que casi nunca remato os libros que comezo a ler. Sobre todo aqueles onde atopo a grandes personaxes, deses que se converten en imprecindibles unha vez que os descubres. Non quero coñecer o destino de tódolos viaxeiros. ¿ Non é así a vida? Cruzarse con miles de persoas , amalas moitas veces, outras odialas ata o infinito, e logo deixalas marchar sin nunca máis voltar a saber nada delas?


***
"Os solitarios son unha civilización, papai. Algún día han de unirse para arrebatar o poder aso múltiples e inútiles gobernos do mundo. E vencerán. Os solitarios son un clamor de desgraciados avanzando indefectiblemente ao pábulo da gloria"

Díxome un amigo que era unha solitaria. Pode que teña razón. Antes non era así. Pero funme facendo solitaria cos anos, por decisión propia. Aprendín a disfrutar da miña soedade como outros disfrutan da popularidade de verse sempre rodeados de moitos amigos que lles dan palamadas nas costas e lles din "eres un crac chaval ti si que sabes pasalo ben". Non me gustan as falsas amistades, esas construidas con dosis de compromiso e hipocresía a medias. Non me gusta a xente que non sabe estar soa e que busca refuxio en amistades irreais que non lles aportan nada. Si, pode que sexa unha solitaria. Acaso non nacemos sós, e non morremos tamén sós.
Díxomo con certo aire de tristeza, como si dese pena a miña maneira de estar ás veces neste mundo. Creo que non me coñece demasiado ben. Porque non hai soedade peor que a de sentirse só rodeado de moita xente, e eso, desgraciadamente sucede moitas veces , demasiadas veces. Simplemente eso é o que eu pretendo evitar, esa soidade impostora, que te mantén diante do grupo cunha máscara sorrinte e impoluta de sociabilidade e que non te deixa disfrutar de ti mesmo.
***

09 septiembre, 2010

Feira Franca

As raíñas sempre gañan as batallas, polo menos así debería ser. Eu son raíña cada día pero teño máis coraxe sendo raíña medieval. Gústanme as espadas e os traxes con coroa. Non me gusta vestirme de campesiña por moito que o traxe sente de marabilla e poidas ir por ahí enseñando as tetas. Eu son raíña. Eso é.

06 septiembre, 2010

Septiembre

Septiembre
serpentea ente las ramas
y el canto de los pájaros
del gran lago
La memoria aulla bajo las aguas
suenan las cornetas a rebelión,
la rebelión última del verano bajo
las tormentas
Todo se tambalea
en los días aciagos y las noches más largas,
como la primera vez que nos vimos...
Tenemos tiempo todavía
para conocernos bajo los árboles y la luna
Para otra oportunidad, esta vez sí, esta vez
se trata de jugarse la vida
Todo o nada

05 septiembre, 2010

Non teño demasiado tempo para escribir
Non teño demasiadas ganas de escribir
entón, pregúntome, ¿por qué escribir agora?
Quizais llo deba a setembro que comezou no calendario e que cabalga rápido sobre o horizonte...Xa é día 6. Xa pasou o primeiro de setembro día de Santa María de Vilalba. E eu comín caldo de repolo que fixo miña nai e durmín as siesta tomando o sol en bragas no lugar chamado " O Carbueiro".
A infancia...ese mesmo sol da infancia...O Carbueiro

Logo emborracheime sentada na esquina da barra dun bar, do único bar que permanece aberto para acoller as almas dos solitarios e vagabundos e borrachos e homes e mulleres de malvivir en Cospeito durante toda a noite. Emborrachámonos xuntos, discutindo porque non sabiamos onde colocar os sentimentos e non atinabamos coas palabras.
Unha caricia nas costas,
El dixo non
pero quería dicir "sí, sí ,sí...e mil veces sí" El sempre me di sí.
A seguridade do seu sí, o último, o definitivo, é a que me leva a tirar do fío , a levar a situación ao límite, a ver ata donde podemos chegar


Emborrachámonos. Xuntos. Senteime sobre os seus xeonllos cando el se sentou no coche ao volante. Quería escoitar o seu sí antes de que arrancase o motor. E fácil. E un home moi fácil.


Polas mañás dame algo de pena. Non é un home. E un vello. Móvese moi despacio, os ósos non lle responden e non pode coa alma. E un vello completamente rendido, entregado, feliz. Dame algo de pena e deixa de gustarme. Inspírame ternura, pero sinto que non o quero. E demasiado vello cando se levanta.
Ainda así volta. E con el volta o desexo e a nosa incomprensión e a nosa maneira extraña de querernos.

Logo teletransporteime a otra realidade ben distinta. E alí todo seguía no seu sitio.
¿Esperaba eu que algo cambiara?
Probablemente non, pero sí que agradecería algún cambio.

Outra resaca. Resaca terrible (dis demasiado a palabra terrible, estás chea de tristeza - díxome él) Inmóvil na cama. Ardor de estómago. Diarrea terrible.
Non sucedeu nada. Pasaron as horas e bebín moito, moitísimo. E creceime no medio dunha rúa co home ao que desexo amar con tódalas miñas forzas e mostreille a miña espada (nunca me gustou ser unha princesa sin espada) e dinlle un bico na meixela e fuxín.
Teño medo
Medo
de namorarme e sufrir como sufrín por Miguel, por Jorge.


Setembro. Outra trampa.
O verán rematou, seino. Dóeme.
Non sei qué facer conmigo. Non sei onde colocarme para respirar mellor.
Sistemas de organización política contemporánea. A eso tería que dedicarme durante as últimas semanas en lugar de facerlle as beiras ao destino. Estúpida.
Ainda así fun unha boa princesa onte. Sen príncipe.
Un vello coqueteou conmigo descaradamente, ou fun eu a descarada que coqueteou co vello, xa non o sei. Coqueteamos, os dous. Gústame coquetear cos vellos porque saben o que fan, están de volta de todo e non van de farol. Non se botan para atrás. Non teñen medo.
E mírante aos ollos cando che falan.
E podes falarlles ti tamén cos ollos.

Lin o seu artigo, falaba de Nerja. Eu dinlle voltas a Nerja fai algún tempo, en agosto. Trintañeiros nostálxicos. Iso é Nerja. E unha canción feita de asubíos. E unha despedida. E a felicidade toda dun verán concentrada nas pupilas. Nerja xa non existe, qué pena.
Teño medo
de namorarme...

***