Zapatero gañou as eleccións ,despois dunha campaña durísima marcada claramente polo bipartidismo. Cun 75% de participación, o PSOE acadou na xornada do 9-M 169 escaños, quedando a sete da maioría absoluta, mentres que o PP acadaba 154, seis máis que nos pasados comicios do 2004. Con este resultado, a victoria de ZP, que lle permitirá gobernar con maior tranquilidade que na pasada lexislatura, por estar máis preto da maioría absoluta, non é unha victoria doce de todo, posto que se consegue en detrimento dos votos da esquerda, pero non en detrimento do partido popular, que tamén mellora considerablemente os seus resultados.
A explicación dos resultados obtidos por Zapatero está, por un lado, na alta participación, e por outro na elevada polarización dos votantes en torno as dúas opcións políticas maioritarias, na confrontación competitiva entre PP- PSOE, apoiada ao longo da campaña por toda unha cobertura mediática que convertiu estes comicios nunha competición entre dous únicos partidos.
A realidade é que esta bipolarización, que se destacou onte na prensa de toda Europa, trouxo consigo o descalabro indubidable de Esquerra Republicana, así como o desplome de Izquierda Unida, que perde o seu grupo parlamentario.
Neste panorama de resultados, no que dos 350 escaños que forman o Parlamento 323 son repartidos entre o PSOE e o PP, e tan só 27 están ocupados polo resto das formacións políticas existentes, queda claro que a tendencia bipartidista é a tónica que marcará o futuro político do noso pais, e que o entendemento entre socialistas e populares terá que ser maior durante os próximos catro anos.
A derrota de Rajoy foi sen dúbida unha derrota doce, xa que aumentou o número de votos, e tamén o número de escaños, pero o certo é que foi Zapatero quen gañou, e quen ten na súa man a posibilidade de gobernar ata o 2012 co apoio, probablemente, de CIU, mentres que Rajoy, de continuar ao frente do PP , terá que facelo, unha vez máis , dende a oposición.
A victoria de ZP acredita a confianza que os españois teñen no Partido Socialista para xestionar a crise económica que se aveciña, e tamén dá credibilidade, duha vez por todas, á victoria das eleccións celebradas no 2004 baixo a sombra negra dos atentados do 11-M. Pero a subida do PP, de 148 a 154 escaños, debe servir para que o PSOE faga unha reflexión sobre os motivos polos que gañou estas eleccións. O PSOE non debe sentirse seguro e complacido coa victoria, nin demasiado eufórico, e debe dedicar un tempo a autocrítica, xa que foi a súa apelación ao voto útil o que o levou a gañar, pero non a costa de votos da dereita, senón a costa de votantes doutras formacións de esquerda que lle deron a súa confianza para evitar a posibilidade dun goberno popular.
Pero, análises a parte, Zapatero foi o gañador indiscutible, e agora ten por diante primeiro a tarefa de buscar os apoios necesarios nas forzas minoritarias, co custo político que esto suporá , e despois a tarefa de gobernar para todos os españois, nun clima de bipartidismo claro, no que parece que se perfilan cada vez máis as diferencias entre dous sectores da sociedade.