23 enero, 2014

Da nosa vida forman parte de xeito incuestionable determinadas persoas ao longo dos anos. Primeiro os nosos pais, avós, irmás...que nos acompañan dende que nacemos e cos que manteremos sempre ese vínculo intacto, como si nunca nos acabásemos de facer adultos de todo. Logo están os amigos primeiros, os do colexio, que conseguen entrar na nosa vida cos primeiros xogos ata que sin que nos demos conta convírtense en persoas imprescindibles no noso desenvolvemento persoal. Na universidade facemos as verdadeiras amistades, as máis sólidas  quizais, esas que xa conscientemente escollemos como máis afíns a nós e aos nosos intereses. Son amistades que se van consolidando en pisos compartidos , en bares, en conversas que podían durar noites enteiras. E finalmente están os demais amigos que vamos facendo no camiñar real da nosa vida, agora sí , cando somos por fin serios e responsables, e acudimos cada día ao traballo e pagamos hipotecas. Son amigos máis recentes, ás veces circunstanciais, coñecidos na oficina ou nas clases de pilates, que entran a formar parte do noso escenario pola necesidade que temos de comunicarnos, para evitar a soedade que significa ter aos amigos de sempre desperdigados polo mundo, labrándose  cada un a súa propia aventura vital.
E neste panorama de construcción de amistades, moitos vanse perdendo polo camiño, polo simple paso do tempo, pola distancia, pola desidia...Mentres que hai outros que parecen inmunes a calquera tipo de contratempo, que salvan todas as barreiras, e que da igual o tempo que pase ou os kilómetros que se poñan de por medio, que no momento crucial do reencontro recobran o cariño e a confianza que os mantivo unidos dende o principio.
O mesmo pasa cos amores pasados, eses amores perdidos ao longo do noso percorrido, que non puideron ser, e que ás veces incluso nos deixaron profundamente feridos. Hai amores que se olvidan , que se borran para sempre, que non deixan nin rastro daquel sentimento que nalgún momento chegou a trastocalo todo. E hai outros, que simplemente quedan latentes nalgunha parte do noso corazón, expectantes, á espera de que calquera mínima chispa os faga rexurdir. Eses amores, ao fin e ao cabo os bos amores, son parte da nosa vida de xeito incuestionable, e para sempre.

***
Voltei á oficina despois de moito tempo, non importa aquí o motivo das voltas que deu a miña vida profesional , o caso é que voltei e lembraba perfectamente que él me feriu, que decidín un día apartalo da miña vida para sempre, que incluso decidín deixar de falarlle. Pero o tempo pasa, e ás veces o tempo fainos esquecer a dor, e mesmo o rencor que algunha vez sentimos.
Un día baixei a garda e mireino fíxamente aos ollos. El tamén me mirou. E de repente éramos os mesmos que fai xa doce anos, éramos nós, os que nos coñeciamos tan ben, os que nos quixeramos tanto...E entón comezamos a buscarnos. Non buscarnos con ningunha pretensión clara, tan só para poder sentir de novo no medio de todo aquel barullo de reclamacións, faxes e fotocopias un pouco do cariño antiguo que tanto nos arroupara noutros tempos. E a medida que nos buscábamos -pequenos momentos, apenas minutos- falábamos coa naturalidade coa que falan os amigos íntimos que nunca deixaron de selo, os amigos que se coñecen tanto que poden falarse sin falar, como si estivesen unidos por un fío ou tivesen certa telepatía. Nas convesas que mantivemos ao principio comezamos a sentirnos cómodos, como si de pronto voltasemos a un lugar familiar e acollledor que sempre nos estivera esperando. E voltou a risa, a charla amena, a literatura como telón de fondo de conversas  e mesmo a poesía, como sempre , pululando entre as nosas palabras e os nosas olladas .
Hoxe tomamos o primeiro café xuntos desta nova etapa da nosa andadura como amigos reconciliados sin necesidade de ter que reconciliarse. Non falamos do pasado, nin dos problemas da oficina, nin dos compañeiros, nin de nós memos siquiera. Falamos do que falaría calquera par de amigos que se ven todos os días , rindo e disfrutando, como si nunca tivese existido un tempo entre os dous no que non nos recoñeciamos.
Estabamos sentados ao sol, nunha terraza ao lado do traballo. Si, ao sol. Leva casi un mes chovendo sin parar, pero hoxe facía sol. Sempre nos gustara andar xuntos de terrazas, e parece que eso non cambiou. Parece que non cambiou absolutamente nada. E nese intre, mentres estaba alí sentada, co sol dándome na cara e probándome as súas gafas de sol, tiven a certeza absoluta de que él formaba parte da miña vida por moitas cousas que sucederan entre os dous no pasado, e por moitas cousas que cheguen a suceder no futuro. Ameino, ben o saben os meus amigos. Pero por riba daquel amor, de toda a historia que tivemos, existe entre nós un lazo moito  más profundo  de confianza e cariño que non conseguiu erosionar nin o tempo nin outras mil cousas que pasaron.