03 marzo, 2020

Café so

Hai impulsos invencibles que fan que a motivación se dispare, e que se pase da inacción á acción  despois de tempo durmidos. Atómpome nun deses momentos e o impulso, podería ter - segundo se mire- ata nome e apelidos. 
***
Hoxe decicín tomar de aquí en diante o café so, sin azúcar e sin sacarina. Non é unha determinación fácil, e seguramente máis dunha vez pareceráme imposible e estarei a punto de  traicionarme a min mesma. Pero a idea é ista, nada de  sacarina. O café será amargo, ou non será. 
***
¿Por qué? Pois sinxelo, porque  estou namorándome coma unha imbécil e por iso retomar este blog, e por iso o do café  so e por iso miles de gilipolleces máis que xa iredes vendo. 

-El café solo, Emma - díxome el. E eu... púxenme a escribir de novo neste blog.
***
Talla 41 de pé.
Come seis veces ao día.
Usa canzoncillos floxos, non o típico boxer apretadiño que usan os rapaces.
Na universidade esnifaba rapé cos colegas. (De ahí ven, por certo, a expresión botar un polvo)
O chocolate, 70 % de cacao.
Licor café.
No verán o mellor coctel, Aperol slipt.
Cerveza, por suposto.
Para entender a poesía hai que memorizala.
Dermatitis nos párpados.
O botón do pantalón desaborrachado para comer, para estar sentado...para estar cómodo.
O pelo córtase cada dous meses, segundo os cálculos dunha aplicación de construcción propia.
As aceitunas con óso, sempre.
Xamón de calidade: vicio, placer.
Celoso.
O gran problema, a falta de lealtade.
***
Comezou o mes de marzo e sei que inevitablemente suporá o peche dunha etapa na miña vida. Debe de ser así, polo meu ben, e contra todo. Pero ao mesmo tempo, debo frenar calquera impulso que teña que ver co tipo que me recomendou o café sin azúcar.  Ese é o reto. Non namorarme en primeiro lugar. E despois, si é posible, namoralo sin namorarme. 

 

04 julio, 2019

Cumpleanos


Cumpleanos. Todos cumplimos anos unha vez cada ano, o mesmo día no que nacimos,  pero para min existe un cumpleanos que debo celebrar, e é hoxe. Non o día no que nacín, senón o día no que me puxeron o último marcapasos.
Foi un 5 de xullo que chovía. O verán aquel ano tamén se resistía en Galicia, e eu, a difeferencia do que me ocorre agora, estaba encantada. Si eu non podía ir á praia, mellor que non fose ninguén: puro egoísmo dos enfermos crónicos.
Para min aquel ano ainda non empezara o verán e realmente non esperaba gran cousa dos meses que estaban por vir; as recuperacións son latosas e incapacitantes, pensaba eu. E sin embargo, a vida sempre nos sorprende e ás veces para ben. Resultou un dos mellores verán da miña vida.
E bueno, hoxe é 5 de xullo e estou de cumpleanos. Sete anos. Cada marcapasos é distinto e obrígate a adaptarte. Este despértame cada noite dúas ou tres veces porque non me deixa que axeite a postura. Máncame. E por máis que pasan os anos non consigo acostumbrarme a ter que colocar o edredón ben dobladiño baixo do brazo si quero durmir de lado. Pero tamén ten cousas boas este marcapasos. Permíteme ás veces sentir o corazón. Moi poucas veces, é certo, pero joder, facía tantos anos… Claro que tampouco iso é bo de todo, porque polo visto os médicos chámanlle taquicardias e din que non me conveñen nada.
Pero con el –non o esquecerei nunca- botei a andar kilómetros e kilómetros de praia, pola orilla, recén operada, e coma si nada. E subín escaleiras. E montei en bici. E fixen o que se di unha vida normal. Bueno, normal non. Este marcapasos falla desde o principio. Sempre digo que os marcapasos aman mal, pero este, este sempre estivo averiado no que ao amor se refire. Ao principio, o primeiro ano, tentouno, non o fixo de todo mal. E despois volveuno a tentar. E así ata tres veces sin demasiado éxito. Pero ainda marcaba o ritmo das mariposas no estómago e  da felicidade a flor de pel. Logo, simplemente deixou de funcionar esa función.
Nas revisións nunca lle deron importancia. Os marcapasos –todo o mundo o sabe- aman mal. Pero, eu veña dicirlles que este si que podía amar, pero que non o facía con xeito. Que se involucraba con calquera desgraciado e cría todo o que lle contaban. Que ademáis de averiado era algo parvo. Pero nada, os médicos que todo estaba ben, que ía ao seu ritmo, que tamén xa teño unha idade e iso non axuda, que tiña que ir adaptándose ao entorno…E así chegamos os dous ao séptimo cumpleanos, sin chegar a entendernos ben de todo, camiñando xuntos sin esperar xa ningunha miragre de actualización de software ou do que sexa que leva implantado dentro.
E sin embargo, creo que nos temos cariño. El fálame baixiño cando estou triste, arroupame no sofá e ponme unha pelicula. Eu lévoo ao límite cando teño ganas de festa, e el sempre me responde ben: aúpame, baila conmigo, dime que xa descansarei mañá.
A verdade é que é a hostia, tan pequecho e con tanta vida rexistrada ahí. Que miras na memoria e ten que ser iso como ler un libro. Cada bágoa rexistrada, cada polvo rexistrado, cada emoción, cada disgusto, cada bico…

01 agosto, 2018

Praia de Mogor

Viviron xuntos anos suficientes como para coñecerse ben a pel e o que esconde debaixo. Foron parella, namorados, amantes...e sobre todo foron amigos. O que máis me gustaba deles como parella era que falaban, falaban moitísimo e notábase que disfrutaban de conversar un co outro. Non precisaban moito máis que sentarse xuntos nun bar, cun café diante, e conversar. Pero nesa harmonía casi perfecta que tiñan nunca lles estorbaban os amigos. E así, pudien compartir con eles tardes marabillosas de praia, que remataban no chiringuito, entre risas, xogos de cartas e cotilleos varios. 
Un día ela queixouse. Outro día noteinos distantes. E despois dun par de anos ( qué difícil e deixar atrás ao que foi un amor pero que xa morreu) encontreime no medio dos dous, xestionando o seu desamor con frases feitas que non significaban seguramente nada. Porque ninguén sabe unha merda de desamor e cada historia corresponde só a dous. 
Hoxe estiven na mesma praia de cada verán. Con ela. Que está agora feliz e namorada doutro. Apareceu el cun amigo. El, que está agora con outra, feliz e namorado. E cando estabamos con medio corpo no mar, falando, como facemos sempre,- como facíamos os tres sempre-, el colleu aire. Levantouse e veu directo cara nós. Deume dous bicos mentres a miraba. E tímido díxolle tan só "hola". Non lle cabía máis amor nos ollos naquel instante. Ia derrumbarse e antes de que eso sucedese despediuse e marchou. 
Na meixela dela unha bágoa. Incluso eu estaba chorando por dentro.
Alí estaba o noso mar. No que os dous se mergullaban sempre mentres eu os agardaba na beira. O noso chiringuito - ao que hoxe acudiamos por turnos tácitamente estipulados para non coincidir-, os nosos recordos; e sobre todo, alí, nesa praia, estaba o que fora a súa histoira  de amor e de amistade. 
Sempre o digo, sempre o pensei: Un ex é para toda a vida.

15 julio, 2018

Amores circunstanciais

Cheguei á casa e o pasillo estaba impregando da voz de Tom Waits. Ulía a porro. Quedei paralizada no medio da porta, recostei a cabeza sobre o marco e inspirei profundamente. Sabía que namorarme estaba tan só á distancia dun pequeno xesto: coller dúas cervexas, timbrar no cuarto B e dicirlle ao veciño cando abrise a porta "tes un porro?".
Era domingo. Pasaban uns minutos das dúas e media da tarde.  Quince de xullo tormentoso. E no meu corazón facía días que non paraba de chover. 
De repente Tom Waits tiña todas as respostas e eu xa non tiña preguntas. O amor era só unha cuestión de oportunidade, algo circunstancial que precisa sobre todo un escenario propicio, unha banda sonora e un olor que o convirta nun recordo perpetuo. Sin escenario, sin música, sin un olor característico que o inmortalice todo, xa poden saltar miles de chispas, que só serán iso, chispas fugaces que acabarán movidas polo vento, esquecidas, irrelevantes. 
Sentín tanto amor nese instante, que se me pasaron pola cabeza mil posibles películas que comezarían ou rematarían así. O amor é tan cíclico, que a mesma escena pode servir para comezalo ou para coroar un desamor. Tom Waits nunha tarde de domingo plomiza na que o verán non acaba de desperatarse, e ao outro lado do  tabique, el posiblemente en calzoncillos, tumbado no sofá, fumando sen medida para consumir as penas todas da semana. Eu quería decirlle que podiamos falar de política con Tom Waits cantándonos un pouco máis baixiño, que podiamos coñecernos un pouco mentres nos emborrachabamos en domingo, que cando se nos fixese tarde podiamos cociñar algo e quizais despois comer ...Quería dicirlle tantas cousas...Pero primeiro, joder primeiro, primeiro precisaba o impulso valente de timbrar no cuarto B.
Cantos amores se frustrarán precisamente por esa cobardía terrible de non chamar a unha porta no momento preciso no que nos está convidando Tom Waits. 

12 marzo, 2017

Estou de volta

Ás veces para voltar só fai falta un motivo que te inspire. 
O ano pasado, cousas da vida inspíraronme para comezar un novo blog. Pero ao fin non foi tan importante. E - menos mal- quedou todo nun susto e nun blog incompleto.
Agora, teño un motivo. E esperemos que non se quede todo só nun susto. Esperemos que pase o que pase, sexa importante de verdade. Estou de volta. Co corazón intacto e ilusionado.

*** 
"Despiertaaaaaa", así de sinxelo. Non fai falta máis para que comece unha ilusión. Para que todo sexa ben distinto.
Cada día, durante meses...Un "despierta" que é unha caricia, un bos días, un xeito singular de decirme que formo parte da súa rutina. De momento, non pido nada máis.

***

27 diciembre, 2015

O Nadal

Renego do Nadal porque no fondo abúrreme profundamente. Sin embargo quero Nadal na aldea, e non me atrevo nin siquera a imaxinar outro destino distinto para rematar decembro. Porque no fondo sei que algún día botarei de menos o bullicio da aldea, a calor, o tempo que non da pasado, as comidas abundantes e as sobremesas eternas e soporíferas...O Nadal cobra sentido sempre porque é o meu, porque é a miña familia e porque son, ao fin e ao cabo, as miñas raíces, o que me define. Por iso renego. Porque é meu e botareino de menos cando xa non sexa como é agora. 

***
Remata un ano máis e non sei si debería facer balance. Ou si facer unha lista de "new year resolutions". Ou simplemente non facer nada e disfrutar da calma dos últimos días do ano, sin pensar demasiado, aproveitando nada máis para relaxarme un pouco. 
O balance é sinxelo, no último mes resolveuse todo un ano dun xeito extraordinario. Asístín perplexa e ilusionda á caída do bipartidismo, a un proceso electoral que deixa un panorama complexo no que nada está ainda decidido. E asíntín -máis sorprendente todavía- á gran posibilidade do amor. Un soño cumplido por sorpresa, cando xa daba todo por perdido e cando comezaba xa a mirar para outro lado. Ainda non sei como sucedeu.

***
Un xiro de cento oitenta graos. Un bico determinante  e unha maneira natural e sinxela de quedarse ao meu lado, de despertar conmigo, de abrazarme e de non soltarme nunca máis. Quizais o amor debería ser sempre así. Gastar o tempo necesario en tomar unha decisión, mantendo as distancias, para unha vez firme a decisión, levala a cabo ata as últimas consecuencias. Penso que así o fixo el. Dubidou e incluso chegou a ferirme coas súas palabras de rechazo. Díxome non e recordoume máis dunha vez que a vida era así, que non sempre eramos correspondidos nos nosos anhelos. E logo, deu un paso adiante, sin mediar máis palabras. Só me falou a súa pel, e os seus beizos. E as súas máns. E  a miña pel descifrou os seus sentimentos ao tempo que eu me deixaba querer sin palabras, sin demasiadas florituras.
E de prondo todo foi fácil e fermoso. Estabamos nas portas do Nadal, co corazón a punto de saírseme do peito, as esperanzas todas renovadas e mil bicos enchendo as miñas tardes e as miñas noites.

***
Non sei si chegou para quedarse. Eu podo falar por min. Eu sei que o amo. Que o vou amar. E que vou facelo dun xeito distinto porque os amores que nacen no nadal deben ter algo de especial. Todos os meus bicos son con el. Para el. Nel. E non podo imaxinar máis felicidade.

23 noviembre, 2015

Data de caducidade


“Sé que no hay camino de regreso/ que el desamor está en los huesos/ pero hay maneras de vencer. / Sé que aunque haya cosas que terminan/ crece otra piel sobre la herida / y todo puede suceder.”

 ***

O amor ten mil caras, mil maneiras distintas de revolvernos a vida. Pero ás veces tamén é preciso deixarse arrastrar, e apostar forte. Co risco de perder. De perder unha vez máis.

Estou nesas. Na última encrucillada do ano, no último abismo, na última aventura. E por iso estou tranquila. Porque pase o que pase, será o último accidente mortal deste ano 2015 que está a piques de rematar. E logo pecharei a porta á súa mirada e non haberá máis posibilidades. Non estará cada mañá moi cerca, nin poderá asomar a cabeza polo meu despacho para falar uns minutos e dicirme que logo podemos ir a tomar algo. Nin morrerei derretida no ben que lle queda o azul…

O Nadal vai ser neste caso un punto final, sen prórrogas, sen segundas oportunidades. Porque sen fichaxe ás oito el xa non terá cabida no meu mundo .

Sei que a vida non remata na oficina, pero quizais a miña historia con el sí debe rematar entre as catro paredes do traballo, e morrer ahí, na despedida ás portas da noiteboa, cunha mensaxe que presinto, ao dar ás doce na noite de fin de ano.

E despedirei o ano pensando nel. Por última e derradeira vez. Porque os amores non correspondidos tamen teñen data de caducidade.