
Imaxínome sentada frente a pantalla do ordenador nunha mesa que se me antoxa hostil, nun escenario ainda máis insoportable, sobrelevando as horas como quen sobreleva unha condea, sin que o resultado sexa beneficioso para ninguén , polo menos non para min; e penso na morte como unha saída posible, para caer despois na conta de que antes de abrir a fiestra que da ao balcón que da á rúa Raíña Victoria, hai moitas opcións, moitos suicidios posibles, que pode que rematen nas listas do INEM, pero non no depósito de cadáveres de Montecelo.
*
Unha amiga comezou a chamarme fai algún tempo "mi croissant", e a min, lonxe de parecerme unha cursilería, gústame, gústame moito, porque é a un tempo doce e cercano, cariñoso, como unha caricia suave que chega cando máis se necesita.
*
Xapón apareceu arrasado por un terremoto de 8,9. Non se fala doutra cousa. Deberíamos temblar, chorar durante días enteiros ante tanto horror.
Menos mal! si me dices que te parece cursi, me dejas k.o.
ResponderEliminarBuhh, lo de Japón es horrible. Aún pese a todo, no ha habido saqueos, y los japoneses esperan su turno en las colas de supermercados! Y yo a veces perdiendo los nervios por cualquier nimiedad...No tengo vergüenza.
Me aterra el problema nuclear.
Besos
I
ResponderEliminar